AcorunaXA
Portas abertas para descubrir por dentro a nova escola infantil de Xarío
A cita será o xoves 5 de marzo, de 18.00 a 19.30 horas, cun percorrido polas instalacións e información sobre os servizos do vindeiro curso
O PSOE de Irixoa aplaude a aprobación da ampliación da DP-3903 entre Adragonte e Vilamateo
A portavoz, María José Cal, lembra que era unha actuación ‘reiteradamente demandada’ e destaca que, coas expropiacións completadas, a Deputación poderá licitala nas vindeiras semanas
A Xunta reabre rehabilitada a oficina de emprego de Monelos tras un investimento de máis de 1,3 millóns de euros
O conselleiro José González destacou que as instalacións dan servizo á Coruña e á contorna e enmárcanse no plan de modernización da rede de oficinas
O Entroido de Samede preséntase no Concello de Paderne e apela ao relevo xeracional para manter viva a tradición
A festividade, que se celebrará este domingo 22 de febreiro cun desfile pola aldea e saída na igrexa, reivindícase como ‘o único entroido que queda vivo na comarca das Mariñas’
Arrincan en Bergondo as obras de reforma e ampliación do Centro Sociocultural de Mariñán
A actuación, financiada con fondos municipais, busca mellorar a accesibilidade e o confort do edificio e engade un novo espazo de almacén para cazadores
Callobre quenta o Entroido cun sábado cheo de festa e coa queima do meco como acto central
A parroquia de Miño programa para o 21 de febreiro unha tarde infantil con merenda, chocolatada con churros, música en directo coas Cantareiras do Piñeiro e unha verbena nocturna con premios aos mellores disfraces
Miño celebrará o Día de Rosalía cun obradoiro de collage no Centro Social da Rúa
A actividade será o 23 de febreiro, de 17.30 a 19.30 horas, e está pensada para todos os públicos, sen necesidade de experiencia previa
Un vídeo do Cristo Rey de Oleiros gaña o primeiro premio estatal no certame ‘Unha Constitución para todos’
A alumna Irene Fernández Paulos impúxose na modalidade de vídeo nun concurso do Ministerio que recoñece 15 estudantes en toda España
Ordes e Cerceda abren unha ventá de negocio na Vía Verde con encontros sobre turismo e economía circular
As xornadas serán o 23 de febreiro no Museo do Traxe e o 2 de marzo no viveiro empresarial de Cerceda, con relatorios, casos reais de emprendemento, networking e showcooking
Abren as inscricións en Bergondo para once cursos gratuítos orientados á inserción laboral
A oferta formativa desenvolverase ao longo de 2026 e inclúe desde manipulador/a de alimentos e monitor/a de tempo libre até formación en intelixencia artificial, loxística e prevención de riscos
Tremendo éxito do Luns de Entroido en Ordes coa vila entregada á festa e ao show de Leticia Sabater
O pavillón Campomaior encheuse coa festa infantil e o Campo da Feira viviu unha noite multitudinaria baixo carpa con música, baile e a actuación máis agardada de madrugada
A Deputación destina 900.000 euros á limpeza de praias en 41 concellos da provincia
As axudas, publicadas no BOP con concesión provisional, financian a contratación de brigadas no verán e material de traballo e, xunto co plan de socorrismo, permiten xerar arredor de 300 empregos na tempada estival
O Supremo encara este xoves, 19 de febreiro, o fallo clave sobre o Pazo de Meirás
A Sala do Civil vota e falla sobre o pazo de Sada, coa discusión aberta arredor da 'boa fe' da familia Franco e da factura polo mantemento do inmoble
Temporal no litoral coruñés: alerta laranxa no mar polo paso da borrasca ‘Pedro’ antes dunha tregua máis estable
Este mércores 18 agárdanse chuvias e refachos fortes, con ondada perigosa na costa e desde o venres 20 o anticiclón deixará varios días máis secos
Sada despediu o Entroido 2026 cun desfile cheo de retranca e coa 'Queima da Sardiña' en As Delicias
A comitiva percorreu o centro urbano dende a Casa da Cultura ata o Pavillón Municipal de Deportes, onde se celebrou a exhibición final e a entrega de premios
A VIII Festa Choqueira encherá de disfraces e música a Sala Josfer, no Mesón do Vento, este domingo
A ANPA do CEIP Mesón do Vento organiza a cita infantil o 22 de febreiro, ás 16.30 horas, con agasallos para a rapazada, sorteos e sorpresas
Éxito de participación no Entroido de Curtis e Teixeiro, con máis de 200 persoas inscritas no concurso de disfraces
O Concello destaca o alto nivel das propostas, con moitas creacións feitas na casa e con materiais reciclados, e repartiu premios en vales para consumir no comercio e na hostalaría locais
O ximnasio municipal de Carral trasládase ao pavillón do Espiño polo inicio das obras no Complexo Deportivo
Dende hoxe, mércores 18 de febreiro, o servizo mantén os horarios habituais mentres dura a reforma interior, que reorganizará espazos, gañará superficie para as máquinas e porá ao día acabados e instalacións
Abegondo anuncia que recorrerá a autorización dun segundo parque eléctrico en Folgoso vinculado á subestación que o Concello tamén rexeita
O goberno local sostén que o proxecto avanza sen consenso social e critica que non se avaliase o seu impacto ambiental
O C-Trail dos Bombeiros da Coruña volverá a Novo Mesoiro o 11 de abril coas inscricións abertas
A XI edición inclúe un trail de 15 quilómetros e unha andaina familiar de 10, con 400 prazas e prazo para anotarse até o 8 de abril
Os choqueiros de Veiga desafiaron o trebón coa festa do Luns de Entroido
A Romaría de San Blas de Veiga congregou a un numeroso público, que gozou da creatividade e do humor das persoas concursantes
A Deputación da Coruña estrease en HIP–Horeca Professional Expo co foco no produto local e na cociña atlántica
A institución presenta en Madrid a campaña 'A paisaxe que sabe' con showcookings, degustacións e obradoiros para público profesional e avanza a programación das próximas xornadas
Abegondo premia a creatividade do seu Entroido cun concurso de disfraces ‘máis máxico ca nunca’
‘Os pescadores’, ‘A todo gas Abegondo’ e ‘A chincheta de Meicende’ levaron os primeiros premios nas categorías individual, grupal e de comparsas
As Residencias Paraíso celebran dez edicións e volven contar con Oleiros como sede en 2026
A convocatoria abre ata o 8 de marzo e inclúe estadías na Fábrica de Oleiros, con axudas de entre 1.500 e 3.000 euros por proxecto dentro dun orzamento total de 25.000 euros




