Novas de Vilarmaior
A Xunta reforza con Vilarmaior a cooperación para impulsar emprego en tarefas de interese social
José González reuniuse co alcalde Carlos Vázquez para avanzar en iniciativas como Galicia Suma Talento: Rural Activo e os obradoiros duais, dous programas chamados a mellorar a inserción laboral no rural
Máis de 416.000 euros para mellorar camiños rurais en 14 concellos da comarca de Betanzos
A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, supervisou en Oza-Cesuras as obras no camiño de Burricios, incluídas no Plan Camiña Rural 2025-2026
Máis de 12 millóns para manter a rede provincial: así se reparte o plan de estradas en 2026
A Deputación da Coruña aproba o Plan de Conservación de Vías Provinciais, que sobe un 7,5% e inclúe obras en máis de 2.000 quilómetros, con lotes que tamén abranguen concellos das Mariñas e da contorna de Santiago
Un servizo para detectar e tratar a tempo dificultades no desenvolvemento infantil
Vilarmaior mantén en marcha a atención temperá para nenos e nenas de 0 a 6 anos, con logopedia, terapia ocupacional e psicoloxía, a través de COGAMI no Centro Social de Leiro, en Miño
A rede de mecos do Entroido medra na comarca: 'O obxectivo é consolídalo'
A Asociación Chalana Cultural de Miño impulsou #entroidizaoteurueiro para recuperar os 'entroidos de palla', sumar asociacións e colexios e facer que a festa se note no rueiro antes e despois do martes grande
A Deputación presenta o POS+2026 cunha achega récord na área coruñesa e reclama á Xunta máis fondos para os concellos
O acto celebrouse en Oleiros e o Plan Único arrinca o ano con 20,18 millóns de euros para 21 municipios da comarca da Coruña e As Mariñas
Temporal no litoral coruñés: alerta laranxa no mar polo paso da borrasca ‘Pedro’ antes dunha tregua máis estable
Este mércores 18 agárdanse chuvias e refachos fortes, con ondada perigosa na costa e desde o venres 20 o anticiclón deixará varios días máis secos
Paderne xestiona coa Deputación a retirada dunha árbore que dificultaba o tráfico na estrada cara a Betanzos e Vilarmaior
O Concello lembra que moitas incidencias similares afectan a fincas privadas e requiren trámites legais antes de actuar, aínda que asegura que seguirá facendo as xestións necesarias
Vento forte e medidas preventivas polos avisos laranxas na comarca coruñesa
A Xunta suspende as actividades escolares no exterior e a práctica deportiva federada ao aire libre desde as 12.00 horas do mércores 11 ata as 0.00 do xoves 12, e varios concellos activan peches en instalacións municipais
Máis horas de axuda no fogar e reforzo dos equipos sociais en 2026 na provincia da Coruña
A Deputación investirá 8.855.329 euros para financiar 377.991 horas do SAF e a contratación de 177 profesionais en concellos de menos de 20.000 habitantes
A Deputación da Coruña pecha as axudas de Política Social con máis de 330 solicitudes e 13,4 millóns de euros en xogo
As subvencións para 2026 repártense entre entidades e concellos e inclúen partidas para servizos sociais comunitarios, SAF, envellecemento activo e investimentos en centros
Torres quenta o Entroido cunha festa de disfraces no pavillón municipal o 14 de febreiro
A cita, en Vilarmaior, comezará ás 23.00 horas e contará con verbena a cargo da orquestra Panamá, sorteos e premios en metálico para grupos e participantes individuais
O Alcalde de Vilarmaior e López Campos abordan unha reforma clave para coidar o patrimonio sen frear proxectos
O conselleiro reuniuse con Carlos Vázquez para afondar nos cambios da Lei 5/2016 e explorar colaboracións de dinamización cultural no concello
O persoal de Losán e Aserpal enche as rúas entre Vilasantar e Curtis: ‘Queremos traballar, non mendigar’
A plantilla denuncia tres nóminas pendentes e a falta dun plan industrial mentras CCOO advirte da incerteza de arredor de 200 familias e lembra a retirada do investidor en decembro
Betanzos acolle a presentación de ‘Voces silenciadas. Lugares de Memoria’ sobre a represión de 1936 a 1949
O Teatro Alfonsetti recibirá o sábado 17 de xaneiro, ás 11.30, un faladoiro centrado no que se viviu en Monfero, Irixoa, Aranga e Vilarmaior durante a Guerra Civil e a posguerra
Alerta laranxa este xoves na Coruña por temporal de vento e mar
AEMET e MeteoGalicia advirten de rachas fortes e mala mar na franxa noroeste, cunha baixada da sensación térmica polo vento
Vilarmaior abre inscricións para un curso práctico de plantación, poda e enxertos
Arrinca o luns 12 de xaneiro e impartirase os luns de 16.00 a 18.00 horas na Cámara Agraria, con saídas ao campo
Eventos
OcioenGalicia
Encuentro de Palilleiras de Burela
OcioenGalicia
Concierto de Izaki Gardenak en Ourense
OcioenGalicia
Festival Molan los 90 en Ourense
A Deputación da Coruña lanza axudas por 225.000 euros para asociacións veciñais e de mulleres
A convocatoria, publicada no BOP, financiará actividades de dinamización económica e social ao longo de 2026, con subvencións de entre 1.200 e 10.000 euros
Os Reis Magos visitarán Vilarmaior este domingo cunha recepción para a cativada
A cita será o 4 de xaneiro, ás 16.30 h, no pavillón polideportivo, onde repartirán agasallos e caramelos e recollerán as cartas
A Deputación da Coruña abre o prazo para presentar candidaturas aos IV Premios do Deporte
Hai 15 categorías e as propostas poderán rexistrarse ata o 30 de xaneiro ás 14.00 h a través da sede electrónica provincial
Vilarmaior programa un ‘danzacontos’ infantil para viaxar coa pinga Pingona e o Polbo Xan
A Casa da Cultura acollerá este martes 30 de decembro ás 17.00 ‘A marabillosa viaxe da pinga Pingona’, unha proposta de Laura Martínez que mestura narración, movemento e lingua
A igrexa de San Pedro de Vilarmaior acolle o 3 de xaneiro o Concerto de Nadal de Chordae Angelorum
O recital, a cargo do grupo de voces e cordas, celebrarase ás 18.00 horas e estará aberto a toda a veciñanza
91 ANPAS da provincia piden as novas axudas da Deputación para actividades escolares en 2026
A liña FO202/2026 conta cun orzamento de 250.000 euros e permitirá conceder subvencións de entre 1.500 e 10.000 euros a asociacións de centros públicos
Vilarmaior programa o contacontos ‘Os Rizos de Lía’ na Casa da Cultura o 26 de decembro
A proposta, pensada para público infantil e familiar, comezará ás 16.00 horas e estará conducida por Paty Lesta, actriz e cantante con ampla traxectoria en proxectos de contos teatralizados





