O Mesón Café de Segundo gaña por segunda vez o premio á mellor tortilla da Semana da Tortilla de Betanzos

ACoruñaXa
O Bar O Rabel acadou o segundo posto e a Adega Lastras quedou en terceira posición, nunha edición
ganador-mellor-tortilla-betanzos
18 Oct 2026

O Mesón Café de Segundo proclamouse gañador da XV Semana da Tortilla de Betanzos ao conseguir, por segunda vez na súa historia, o premio á mellor tortilla. O Bar O Rabel acadou o segundo posto e a Adega Lastras quedou en terceira posición, nunha edición que destacou polo alto nivel das propostas presentadas.

O xurado, presidido polo chef con estrela Michelin Luis Veira e integrado tamén por Antonio Amenedo, do Pazo de Santa Cruz de Mondoi, e Gorka Rodríguez, da pulpeira de Melide, salientou a calidade do produto e a igualdade entre os finalistas. A tortilla gañadora obtivo 26,74 puntos sobre 30.

A alcaldesa de Betanzos, María Barral, entregou o galardón a Sheila Delgado, responsable do establecemento vencedor. A rexedora destacou a importancia desta cita gastronómica para promover a tortilla de Betanzos, reforzar a identidade local e dinamizar a hostalaría, o comercio e o turismo.

Nesta edición participaron doce establecementos, dos que saíron os cinco finalistas tras unha cata a cegas. A xornada permitiu tamén continuar degustando as tortillas nos locais participantes e votar pola mellor proposta na categoría de premio popular, a través da aplicación móbil GastroBetanzos ou mediante o díptico informativo do certame.

A entrega do premio á mellor tortilla puxo o broche á semana gastronómica, que o día anterior recoñeceu a Jorge Río Cortés coa distinción á mellor tortilla caseira. O gañador acadou así o seu terceiro triunfo nesta categoría, por diante de Pablo Tomé Crespo, segundo clasificado, e Inés Muller Guevara, terceira.

0.16412496566772