Novas de Miño
A Deputación abre 225.000 euros en axudas para asociacións veciñais e de mulleres co foco no rural
O prazo para pedir as subvencións remata o luns 16 de febreiro, ás 14.00 horas, e a tramitación faise por vía telemática a través de SUBTEL
Avanza a renovación do parque infantil de Bemantes en Miño con novo chan e xogos
A actuación, financiada polo POS+ da Deputación, inclúe a substitución do peche perimetral, do pavimento de caucho e dos elementos de xogo, cun orzamento de 62.036,89 euros
Accesos renovados para gozar mellor da praia de Perbes en Miño
O Concello dá por rematado un proxecto de 84.149 euros que elimina invasoras e mellora as entradas norte e sur do areal con bandeira azul
A hostalaría de Miño énchese de formación co arranque de 'Cociña Mariñeira'
O programa impulsado polo GALP Ártabro Norte con axudas FEMPA iniciou este luns na Casa do Pescador un ciclo de seis obradoiros previstos para febreiro e marzo
O PXOM xa se pode consultar en liña no Geoportal municipal de Miño
Miño incorpora ao visor dixital mapas, planos, normativa e documentación técnica para facilitar as consultas urbanísticas desde calquera dispositivo
O Concello de Miño impulsa unha nova edición do programa ‘Cociña Mariñeira’
A iniciativa inclúe seis obradoiros formativos durante febreiro e marzo dirixidos ao sector hostaleiro e conta co apoio do GALP Ártabro Norte e dos fondos FEMPA
O proxecto Marmiño suma unha nova xornada en Miño para activar o emprendemento colaborativo ligado ao mar
A primeira sesión celebrarase o venres 6 de febreiro, de 10.30 a 12.30 horas, na Casa do Pescador
Miño reforza o apoio ao comercio local con catro paneis informativos
Os carteis inclúen un plano para localizar os negocios e forman parte da campaña 'Merca en Miño, no comercio local gañamos todos'
Callobre quenta o inverno cun cocido popular o 7 de febreiro
A Comisión de Festas da parroquia de San Xoán de Callobre, en Miño, convoca un xantar a partir das 14.00, con actuación musical do cantante Alex
Adiada por mal tempo a III Miño Milla pola Paz, que pasa ao 9 de febreiro
A proba estaba prevista para este venres 30 de xaneiro ás 10.00 horas, pero o Concello decidiu aprazala polas malas previsións meteorolóxicas
Miño celebra este venres a III Miño Milla pola Paz cunha carreira solidaria na rúa Estremeiro
A cita comeza ás 10.00 h na rúa Estremeiro e contará con cinco probas por idades con inscricións abertas e recollida de alimentos non perecedoiros
Mariñas Coruñesas leva a Fitur o eclipse solar, a súa nova base náutica e a sustentabilidade como bandeiras do ecoturismo
A Reserva inaugura na primavera unha Base de Actividades Ecoturísticas en Betanzos, lanza a campaña 'O noso corazón verde' e destaca un crecemento do 13% en visitantes
A nova escola de Xarío, en Miño, case duplica as prazas de educación infantil
O Concello recepciona as obras na antiga unitaria, que permitirá pasar de 76 a 129 prazas de 0 a 3 anos xa no vindeiro curso
Miño volve ser sede da fase decisiva do Campionato de España de Seleccións Autonómicas sub-14 e sub-16
Do 6 ao 8 de febreiro, o campo municipal de Gallamonde acollerá partidos entre Asturias, Murcia, Melilla e Extremadura dentro dunha cita que tamén se repartirá entre A Coruña e Arteixo
Miño resolve o contrato do SAF coa concesionaria tras acumularse incidencias no servizo
O Concello explica que a decisión, pactada coa empresa despois de varias reunións, busca salvagardar os dereitos das persoas usuarias e axilizar a chegada dunha nova adxudicataria
Miño organiza unha viaxe a Leitariegos para mozos e mozas o 31 de xaneiro
A saída será ás 5.00 horas e o regreso está previsto para as 22.00 e a inscrición pecha o 28 de xaneiro
Alerta laranxa por temporal costeiro na costa coruñesa e nas rías desde este martes
AEMET prevé mar combinada do noroeste con ondas de 5 a 6 metros e picos ocasionais de 6 a 7, e concellos costeiros piden extremar a precaución e evitar diques e paseos marítimos
Eventos
OcioenGalicia
Concierto de Caio Arancio
OcioenGalicia
Retro Galicia Vigo 2026
OcioenGalicia
El ciclo Mulleres de Cine en A Coruña
Miño bate o seu récord histórico de poboación e chega aos 7.268 habitantes
Os datos provisionais do padrón a 1 de xaneiro de 2026 confirman dez anos seguidos de crecemento, con 160 veciños máis no último ano
Miño formaliza a concesión a Gadis para construír o supermercado de Costa Miño
O contrato, asinado ante notario en Pontedeume, prevé unha superficie comercial de 1.518 metros cadrados e un aparcamento con 48 prazas, cun deseño sostible e integrado no contorno
Segue a alerta laranxa por temporal costeiro no noroeste, con especial incidencia na costa da Coruña
A Xunta confirma que o aviso activo no litoral coruñés prolóngase este venres e estenderase ao longo do día ao resto da costa galega, con ondas de ata seis metros
O CPI Castro Baxoi promove unha Semana da Saúde e do Deporte con formación en primeiros auxilios
Do 23 de xaneiro ao 6 de febreiro, o centro de Miño impartirá sesións adaptadas a todas as idades e celebrará a III Milla pola Paz
Miño recoñece o talento local na IV edición dos Premios do Deporte
A gala celebrarase este venres, 16 de xaneiro, ás 20.00 horas, no Local Social da Rúa e distinguirá a deportistas, clubs e entidades pola tempada 2024-2025
Estrea histórica do alevín feminino do Alameda Xarío FS ante outro equipo feminino
O conxunto de Miño disputou o seu primeiro partido contra unha formación feminina, nunha xornada de convivencia
Bemantes abre inscricións para un curso de poda de inverno que arrinca o 22 de xaneiro
A Irmandade organizará sesións todos os xoves ás 16.00 horas con contidos sobre fruticultura, pragas, tratamentos ecolóxicos e técnicas de formación





