Golf e Entroido van da man este sábado no torneo por parellas de Miño

torneo carnaval miñoO calendario de Entroido tamén ten parada no green. Miño Golf Ártabro celebra este sábado 14 de febreiro o seu Torneo de Entroido 2026, unha xornada pensada para competir en parella e compartir ambiente festivo dentro e fóra do campo.
A modalidade elixida é Fourball Stableford por parellas, cunha saída a tiro prevista para as 9.30 horas. A organización premiará ás tres mellores parellas con cestas de Entroido, nun torneo que busca mesturar xogo, compañeirismo e esa retranca propia destas datas.
As inscricións pechan o venres 13 ás 15.00 horas. Para anotarse, o club indica a plataforma GolfDirecto e pon tamén á disposición das persoas interesadas o correo recepcionminogolf@gmail.com
e o teléfono 683 316 335.
E para quen queira rematar o plan sen présa, ao finalizar a proba haberá a opción de quedar a comer na cafetería cun menú de Entroido por 22 euros por persoa, con sopa de cocido, cocido, filloas e orellas, ademais de bebida e café.