AcorunaXA
O Rocódromo de Riazor acolle este sábado o galego de velocidade de escalada co internacional Erik Noya
O torneo 'Cidade da Coruña' reunirá 45 deportistas das categorías infantil, cadete, xuvenil e absoluta nun muro homologado único en Galicia, con entrada libre ata completar aforo
Protección Civil de Ordes-Frades lanza unha campaña para captar novas persoas voluntarias
A agrupación anima á veciñanza de Ordes e Frades a sumarse ao servizo de emerxencias e lembra que as inscricións permanecerán abertas ata final de ano
A Deputación impulsa con 700.000 euros o labor das entidades sen ánimo de lucro en políticas de xénero para 2026
As axudas, divididas en dúas liñas, xa poden solicitarse ata o 16 de decembro e buscan reforzar a igualdade e combater a violencia machista
A Coruña saca a concurso a reforma da cuberta do Teatro Rosalía e reforza os servizos sociais e educativos
O Concello prevé investir 414.000 euros no teito do histórico coliseo e máis de 1,6 millóns de euros ata 2028 na xestión de centros de día, comedores sociais e programas de inmersión lingüística
Betanzos acolle unha charla sobre a ocupación e o xenocidio en Palestina coa participación de Mohamed Safa
O médico oftalmólogo palestino, autor de 'Gaza, un xenocidio televisado', intervirá mañá ás 20.00 horas na Aula de Cultura Xulio Cuns nun encontro organizado pola Comarca de Betanzos con Palestina co apoio do Concello
Betanzos incorpora un dos primeiros sistemas avanzados de tratamento de lodos en Galicia
A EDAR do porto estréase cun novo tornillo deshidratador que mellora a eficiencia, reduce o consumo enerxético e reforza un proceso clave para o saneamento municipal
O Ría do Burgo de Culleredo acollerá en decembro a velada de contacto ‘Mala Fama Fighters 14’
O evento, promovido por Iago Barros Fight Club e coa Federación Galega de Kickboxing, regresa o 6 de decembro a Culleredo cun título galego de kick boxing en xogo
BNG acusa á Xunta de deturpar o Plan MEGA para tapar carencias de profesorado no CEIP Valle-Inclán de Oleiros
Taibo reprocha a Educación que elimine desdobramentos en terceiro e sexto de primaria e empregue docentes financiados con fondos europeos como titores ordinarios, deixando sen reforzo ao alumnado máis vulnerable
Luz verde ambiental ao proxecto de Monte Mero en A Coruña entre o impulso de vivenda pública e o rexeitamento veciñal
A Consellería de Medio Ambiente avala o PIA que prevé máis de 4.000 vivendas entre Xuxán e a Cidade das TIC, mentres parte dos residentes e colectivos ecoloxistas manteñen alegacións e ameazan con batalla xudicial
A Deputación da Coruña pon o foco do 25N nos novos discursos que maquillan o machismo como libre elección
A Área de Igualdade lanza unha campaña con xornadas, obradoiros en dez concellos e materiais didácticos e audiovisuais para desmontar a idealización dos roles de xénero tradicionais entre a mocidade
A veciñanza do Orzán-Pescadería volve denunciar o botellón na rúa Cordelería e cuestiona ao Concello
A asociación asegura que os ruídos se repiten cada xoves, venres e sábado e que as chamadas á Policía Local non están freando a situación
Oza-Cesuras culmina a primeira actuación de mellora na Casa Pita, chamada a ser nova Casa da Cultura
O Concello renova o tellado e a fachada deste inmoble emblemático, que acollerá unha sala de exposicións e diferentes usos culturais
O CRA de Bergondo organiza na Senra unha charla sobre o impacto das pantallas na infancia
A pediatra Marta Carballal Mariño abordará este martes 25 de novembro ás 17.00 horas como inflúe o uso de móbiles no desenvolvemento psicoafectivo de nenos e adolescentes, cun servizo de ocio para facilitar a conciliación familiar
O Mercado Gandeiro de Curtis do 23 de novembro manterase sen gando bovino pola alerta sanitaria
O Concello adapta a feira á resolución da Xunta contra a dermatosis nodular contaxiosa e só permitirá a entrada de gando equino e porcino
Arteixo camiña de novo contra a violencia machista na VII Andaina do 25N
A marcha, con saída o sábado 22 ás 10.00 horas dende a cuberta do Campo da Festa e un percorrido urbano de 4 quilómetros, incluirá lectura de manifesto, chocolatada con churros e música dun DJ
Betanzos convoca o Concurso de Carteis de Nadal 2025 dirixido ao alumnado dos centros educativos
As propostas, de formato 40x30 cm, poderán realizarse de maneira individual ou en grupo e exhibiranse no Edificio Arquivo antes de elixir o cartel que ilustrará o XLIII Programa de Festexos de Nadal e Aninovo
A obra 'As gardiás ou o nó do tecelán' pecha o ciclo de teatro de outono en Oleiros
A montaxe de Teatro de Ningures, dirixida por Cristina Rodríguez, representarase o sábado 22 de novembro ás 20.30 horas no auditorio Gabriel García Márquez, con entradas a 4 euros
A Xunta mobiliza 250.000 euros para a Igualdade no deporte co Voleibol Zalaeta como altofalante da loita contra a violencia
O equipo feminino de voleibol disputa o sábado un encontro especial enmarcado na campaña ‘Deporte Galego’, que mobiliza 250.000 euros en apoio a 23 clubs
Arranca a conexión final do Paseo Marítimo Oleiros-Cambre por 1,8 millóns de euros
A construción do tramo pendente entre O Seixo e Cambre comeza o vindeiro luns, cun prazo de execución de nove meses e a polémica tala de eucaliptos
Paderne abre o prazo de inscrición para as Aulas de Conciliación e o Campamento de Nadal 2025
As actividades, dirixidas a menores de 3 a 14 anos, buscan favorecer a conciliación familiar, laboral e persoal durante as vacacións de inverno
A UDC impulsa un proxecto pioneiro para analizar o envellecemento das traballadoras migrantes do sector dos coidados
O estudo MUMICO, financiado polo Instituto das Mulleres, examinará a situación socioeconómica e as estratexias de benestar das mulleres migrantes maiores que se dedicaron ao emprego doméstico e aos coidados en España
Marineda City estreará o Nadal cun encendido moi rockeiro da man de Rock en Familia
O xoves 27 de novembro, ás 19.00 horas, a praza Emilia Pardo Bazán acollerá o espectáculo 'I Love Rock & Roll', que combinará clásicos do rock e temática navideña antes da conta atrás para o acendido das luces
A arteixá Paula Otero estará no Europeo de piscina curta de Lublin
A fondista do Club Natación Arteixo, que asinou un brillante 16.05.39 nos 1.500 libre, competirá no Europeo de Lublin 2025 e reafirma o papel do club arteixán como referencia da natación galega
Portos de Galicia encarga a Amarradores de Ferrol o dragado do porto de Miño
A actuación, reclamada dende hai máis dunha década por usuarios e Concello, retirará máis de 15.000 metros cúbicos de sedimentos nunha superficie de case 8.000 metros cadrados para que a dársena recupere a súa operatividade en baixamar




