AcorunaXA
Arteixo impulsa melloras de seguridade viaria na Travesía de Pastoriza
O Concello actúa na AC-415 con renovación do firme, nova sinalización e marcas de ‘dentes de dragón’, e estuda instalar un radar para controlar a velocidade
A cúpula do novo multiusos de Bastiagueiro queda instalada tras unha operación inédita en Oleiros
Un guindastre especial elevou durante 8 horas unha estrutura de 750 toneladas que completará o futuro recinto cultural e deportivo, con capacidade para máis de 4.000 persoas
A Deputación da Coruña suprime a cita previa nas oficinas tributarias e aposta pola atención presencial
O novo modelo, que entrará en vigor o 1 de xaneiro de 2026, prioriza o acceso directo da cidadanía ás 14 oficinas de atención tributaria e reserva a cita previa para trámites complexos.
A comunidade educativa e veciñanza de Oleiros convocan concentracións diante de todos os colexios o 20 de novembro
As ANPA organizan mobilizacións coincidindo co Día Mundial da Infancia para reclamar máis persoal e recursos no ensino público, con apoio do Concello
O Concello da Coruña reivindica máis recursos contra a violencia machista co lema ‘Non hai escusas’
Inés Rey reclama á Xunta un Centro de Crise 24 horas na cidade e presenta unha campaña do 25N centrada na violencia vicaria, a explotación sexual e a violencia dixital
Á venda as entradas para os dous concertos de Sés no Teatro Colón, onde estreará o libro-disco 'Nadando na incerteza'
A cantante e compositora coruñesa presentará os días 10 e 11 de xaneiro, ás 20.30 horas, un espectáculo íntimo no que a palabra e a canción son protagonistas absolutas
Nace Avibe, a asociación de viñeróns que quere relanzar o viño da Terra de Betanzos
Máis dunha ducia de viticultores da IXP Betanzos impulsan a nova entidade, cuxo acto fundacional será o martes 18 de novembro de 2025 ás 17.30 horas na Fundación Juana de Vega, en Oleiros
Oleiros transforma os restos de poda en cobertura vexetal para os seus parques e xardíns
O Concello utiliza un camión con grúa e trituradora para aproveitar a madeira das podas de 2025, reducindo custos de mantemento e apostando pola economía circular nas zonas verdes municipais
Aberto o prazo para que a hostalaría se inscriba na XIV Semana do Pincho de Betanzos 2025
Os locais interesados poden anotarse ata o mércores 19 de novembro a través da Sede Electrónica, xa que o certame celebrarase do 28 de novembro ao 7 de decembro con petiscos a un máximo de 3 euros
Arteixo estreará o peche dixital do colector orgánico cun desconto do 15% na taxa do lixo de 2026
O programa arrinca no núcleo urbano e premiará co paso de 62,92 a 53,48 euros por semestre aos fogares que soliciten a tarxeta electrónica e separen correctamente a fracción orgánica
Guísamo afonda na intelixencia das plantas cunha xornada sobre neurobioloxía vexetal e comunicación multiespecie
O CFEA de Guísamo acollerá o 25 de novembro unha clase maxistral do investigador František Baluška, enmarcada no proxecto 'Reverdecer' para conservar os bosques autóctonos
Paderne conmemora o 25N cun manifesto institucional e teatro familiar no Fogar do Maior
O acto polo Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres terá lugar o 25 de novembro ás 19.30 horas, coa lectura dun manifesto e a obra 'Superhéroe' de Fran Rei
Rematadas as obras de rehabilitación da fonte de Vilaboa en Vilarmaior
A intervención na parroquia de Grandal mellora o aspecto e a funcionalidade do manancial dentro das actuacións de mantemento do patrimonio local
Obradoiro en Ronda de Outeiro para axudar ás familias a falar de sexualidade coas crianzas
A sesión, organizada pola AVV Francisco Rodríguez Otero e entidades educativas coa colaboración do Concello da Coruña, celebrarase o xoves 20 de novembro ás 18.00 horas e require inscrición previa
Os Bolechas chegan a Miño coa súa xira musical da 'muller orquestra'
O espectáculo familiar celebrarase o sábado 29 de novembro, ás 12.00 horas, no Centro Social da Rúa
O IES de Curtis celebrará a Festa da Regueifa con Lupe Blanco e Xurxo de Xornes
A actividade, promovida pola ANPA e coa colaboración da Deputación da Coruña, desenvolverase o 19 de decembro ás 13.20 horas no salón de actos
A voz dos alcaldes: Fernando Pérez Fernández, rexedor de Vilasantar
O alcalde de Vilasantar repasa a súa traxectoria, os retos do municipio e a súa visión sobre o futuro dun concello rural que aposta pola sustentabilidade
Bergondo reivindica a súa memoria histórica cunha charla sobre os fuxidos do forte de San Cristóbal
O encontro, o 25 de novembro ás 19.00 horas en A Senra, afondará na posible presenza de dous bergondeses entre os 795 presos republicanos que fuxiron da prisión navarra en 1938
O PSOE de Oleiros liga o elevado investimento no Multiusos coa suba de impostos e as limitacións no mantemento
A agrupación socialista sinala que o proxecto concentra máis de 8 millóns de euros do orzamento de 2025 e que esa aposta condiciona outros servizos municipais
A Compañía de Tranvías e UNICEF únense para promover a solidariedade a bordo dos buses de A Coruña
Durante dez días, o transporte público municipal difundirán a campaña ‘Enciéndete por los derechos de la infancia’ para concienciar sobre a desnutrición que sofren millóns de nenos e nenas no mundo
A Coruña acolle este sábado un guateque retro como aperitivo da III Feira Devuelta en Sada
O evento promete unha tarde de música e estética vintage antes da gran cita coleccionista do 29 e 30 de novembro
Arteixo conmemora o 25N con teatro, andaina e obradoiros organizados polo CIM
O programa, que se desenvolverá do 21 ao 29 de novembro, inclúe actividades culturais, formativas e de sensibilización contra a violencia machista
A Banda Municipal de Betanzos presenta o 'Concerto da Ilusión' o 29 de novembro
A actuación terá lugar ás 20.30 horas na Igrexa de Santa María, baixo a dirección de Juan Antonio Ferrer Cerveró
Galicia acada o seu sexto centro de excelencia de FP co CIFP Universidade Laboral de Culleredo
O centro convértese en referente estatal no eido marítimo-pesqueiro, cun investimento de 1 millón de euros para modernización tecnolóxica, sostibilidade e dixitalización




