AcorunaXA
Natividade González reivindica en Mariñán o papel das bibliotecas como 'faros culturais' da provincia
O Pazo de Mariñán, en Bergondo, acolleu a primeira Xornada das Bibliotecas da Deputación, un foro para reforzar a colaboración entre municipios e afondar na rede bibliotecaria provincial
O Club de Remo Olímpico do Mandeo lanza a campaña #RemoMandeo para garantir o futuro da súa canteira
A iniciativa de micromecenado, impulsada a través da plataforma TerraMove da Fundación Amare Terra, xa recadou máis de 2.000 euros dun obxectivo inicial de 2.500 para manter a actividade nas instalacións provisionais de O Pedrido
Eric Hidalgo pon ritmo aos 'Domingos de baile' en Tabeaio
A sesión terá lugar este domingo 23 de novembro, de 17.30 a 20.30 horas, no Local Xente Nova de Tabeaio, con entrada de balde
A Banda Municipal de Música de Sada celebra o concerto de Santa Icía este 22 de novembro
A actuación terá lugar ás 20.00 horas no Auditorio da Casa da Cultura Pintor Lloréns e incluirá unha presentación previa da Asociación Cultural Súarez Picallo
Vilaboa convértese no epicentro do xadrez co III Open Internacional 'José Antonio Ferreño'
Case medio cento de xogadores participarán este domingo 30 de novembro nun torneo de xadrez rápido válido para ELO FIDE no Centro Social, Cultural e Recreativo de Rutis Vilaboa, con 800 euros en premios e trofeos en xogo
Arteixo cede solo á Xunta para construír 14 vivendas públicas en Vilarrodís
O convenio permite licitar xa o proxecto e a dirección de obra, cun investimento autonómico de arredor de 2,7 millóns de euros
As bibliotecas da UDC incorporan 20 puntos violeta contra a violencia machista
A iniciativa, impulsada pola Universidade da Coruña en colaboración coa Deputación, forma parte das accións do 25N e ofrecerá información e recursos fronte ás violencias machistas e LGTBIfóbicas
Corte total de tráfico na estrada de Churío a Coruxou este venres por obras de aglomerado
O tramo entre O Semilleiro e o Cruceiro cara á igrexa de Churío permanecerá pechado ao longo de todo o día 21 de novembro
A Deputación da Coruña reserva 450.000 euros para proxectos ambientais e de benestar animal en 2026
As entidades sen ánimo de lucro da provincia poden solicitar ata o 16 de decembro axudas para actividades e investimentos en medio ambiente e protección de cans e gatos abandonados
Sada abre o prazo das axudas ao transporte escolar para estudos non obrigatorios do curso 2025
O programa, dotado con 9.000 euros, está dirixido ao alumnado empadroado en Sada que se despraza fóra do municipio para cursar Bacharelato, FP, estudos universitarios e outras ensinanzas oficiais non obrigatorias
A Coruña reactiva a Escola de Participación cun programa con máis dunha decena de cursos gratuítos
As accións, dirixidas ao tecido asociativo, ao voluntariado e á cidadanía en xeral, abordan xestión de entidades, subvencións, accesibilidade, emerxencias, benestar emocional e uso da intelixencia artificial
O PP de Oleiros pide máis implicación do Concello nas celebracións de Nadal
A formación recoñece melloras respecto ao ano pasado, pero considera que a decoración e as actividades aínda están por debaixo do que demanda a veciñanza
O parque Afonso IX estrea xogos infantís e renova a súa área de lecer
A reposición do equipamento enmárcase no plan municipal de mellora de parques infantís, que tamén inclúe actuacións en A Ribeira, Pintor Seijo Rubio, o Pasatempo, As Donas e Viuxe
Inés Rey coñece en Brooklyn o futuro porto marítimo que inspira a transformación da Coruña
A alcaldesa participou nunha xornada de traballo no Brooklyn Marine Terminal, no marco do Congreso Mundial de Portos e Cidades en Nova York, onde a cidade presenta o proxecto 'Coruña Marítima' como exemplo de integración porto-cidade
Paderne organiza dúas excursións socioculturais ao Attica21 de Vilalba para maiores de 60 anos
As saídas terán lugar o 26 de novembro e o 17 de decembro, cun prezo de 10 euros que inclúe monitor, circuíto termal e autobús, e o Concello prevé manter esta programación mensual en xaneiro e febreiro
Culleredo ofrece 50 prazas para nenas e nenos figurantes na Cabalgata de Reis de 2026
Poderán participar menores de entre 8 e 10 anos e as inscricións realizaranse a través da Sede electrónica até o 10 de decembro
Betanzos programa cinco accións formativas na aula CeMIT para o mes de decembro
O Concello ofrece talleres sobre asistentes virtuais, finanzas básicas, escritura dixital, un exame de teleformación e un campamento tecnolóxico
Arteixo celebra o Día de Santa Icía cunha xornada musical no Centro Cívico Cultural Manuel Murguía
A Banda de Música Santiago de Arteixo e o II Festival Musical Santa Icía protagonizan unha programación aberta ao público o 22 de novembro
O proxecto PK-PDrugs, da UDC e do CHUS, galardoado cos Premios Ennova Health 2025 en Transformación Dixital
A plataforma, desenvolvida polo grupo VARPA da Universidade da Coruña e o FarmaCHUSLab do IDIS, aplica modelos estatísticos avanzados para axustar a posoloxía dos fármacos á realidade de cada paciente e mellorar a seguridade dos tratamentos
A Coruña completa a implantación da App Comercio Seguro nos Mallos e prepara a súa chegada á rúa Real
O Concello culmina o despregamento da aplicación nas rúas Ramón Cabanillas e Ángel Senra, con 42 dos 47 negocios adheridos, e anuncia a extensión do programa á rúa Real e á contorna da Sagrada Familia
Miño, escenario este domingo do novo episodio de ‘Sen Código Postal’ na TVG
O programa de viaxes presentado por Víctor Fábregas e a influencer Anita Mateu percorrerá a praia Grande, a Senda dos Sentidos e Ponte do Porco, acompañado por Mary Crespo, nunha entrega que se emitirá o domingo 23 ás 18.00 horas
A Deputación e o Concello de Arteixo revisan as obras do novo parque de bombeiros de Morás, que se estreará en 2026
A infraestrutura, cun investimento de 1,3 millóns de euros, substitúe ao parque de Sabón e dará servizo a 135.000 veciños de cinco concellos, co compromiso de reforzar o persoal no primeiro trimestre do vindeiro ano
A Deputación e ACEM lanzan o conto infantil 'Emilio y la ciudad de los cables invisibles' para explicar a esclerose múltiple á cativada
O libro, editado pola imprenta provincial, acompaña ás familias á hora de falar dunha doenza complexa a través da historia de EMilio e a nena Sofía
O orzamento de Bergondo supera por vez primeira os 10 millóns de euros cun forte impulso ao investimento social
As contas de 2026 ascenden a 10,5 millóns de euros, reservan máis de 2,1 millóns para investimentos e destinan preto do 20 % do gasto corrente á atención á dependencia e programas sociais




