AcorunaXA
GaliciaXa
A onda da gripe continúa á baixa, tanto en intensidade como en tendencia
Na última semana as taxas de dispensa de antigripais e de probas de antíxenos descenderon un 5,6 % e un 32,3 %, respectivamente
Culleredo porá en marcha en Vilaboa un novo servizo de atención temperá para nenos de 0 a 6 anos
O Concello abrirá nas vindeiras semanas esta prestación social nun local municipal da rúa Domingo Sierra, xunto a Servizos Sociais, financiada con 108.771,56 euros de fondos europeos e xestionada a través de COGAMI
Miño vive unha noite de deporte e recoñecementos na cuarta edición dos seus premios
O auditorio do centro social da Rúa acolleu unha gala na que o Concello puxo en valor a tempada 2024-2025 e distinguiu a deportistas, clubs e eventos polos seus éxitos e pola súa contribución á vida deportiva do municipio
Betanzos baila por unha causa solidaria coa 'Xornada solidaria de Brigodanza'
O Edificio Liceo acollerá este sábado, 17 de xaneiro, dous pases ás 18.00 e ás 19.30 horas, con entrada baseada na doazón de produtos de hixiene e alimentos non perecedoiros
Sada pon en marcha as saídas medioambientais guiadas de 2026 con tres rutas no primeiro trimestre
As excursións serán gratuítas e estarán conducidas por persoal experto da Sociedade Galega de Historia Natural, con visitas a Baldaio, A Frouxeira e o Monte do Gato coa Reserva de Anfíbios do Catorce
López Campos analiza co alcalde de Arteixo os cambios na Lei de Patrimonio para axilizar a protección dos bens culturais
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude e José Carlos Calvelo tamén estudaron vías de colaboración para renovar infraestruturas e reforzar a programación cultural no municipio
A Xunta adxudica provisionalmente 40 vivendas públicas de alugueiro en Xuxán
O 40% dos fogares asignáronse a menores de 36 anos e as rendas irán dos 95 aos 307 euros ao mes e tras o sorteo abrirase un prazo de 10 días para reclamacións
Alternativa pide máis coidado para o Rego das Xesteiras e solicita datos do mantemento en Culleredo
O grupo municipal reclama ao Concello que detalle a periodicidade da limpeza e conservación dun espazo de lecer moi frecuentado, situado en Celas e con muíños tradicionais ao longo do percorrido.
Megadeth levará ao Coliseum da Coruña a súa xira de despedida o 27 de maio
A banda de Dave Mustaine fará na cidade unha das só tres paradas en España, con prevenda o 20 de xaneiro e venda xeral o 22, ambas ás 10.00 horas
Arteixo adxudicará este mes a renovación integral do alumeado entre Meicende e Sabón
A actuación, cun investimento arredor de 1,5 millóns de euros, abranguerá seis quilómetros e incorporará LED, telexestión e iluminación específica en pasos de peóns
Vilasantar e os concellos da contorna súmanse ás protestas por Losán e esixe o pago inmediato das nóminas pendentes
Representantes municipais participaron na mobilización entre Vilasantar e Curtis e reclaman un plan que garanta a continuidade produtiva do grupo
Oleiros acusa á Xunta de ‘abandono’ do comedor do CEIP Parga Pondal de Santa Cruz
O Concello asegura que Educación se comprometeu a reformalo no verán, pero denuncia que meses despois segue ‘impresentable’, con humidades e filtracións polo que o alcalde remitiu unha carta ao conselleiro para reclamar unha actuación urxente
A Coruña constituirá o 30 de xaneiro a Comisión de Seguimento do Mundial 2030 para revisar o estado da candidatura
O órgano, aprobado por unanimidade no pleno de decembro, celebrará a súa primeira reunión en plena polémica pola falta de avances en Riazor e coa mirada posta na avaliación prevista para setembro de 2026
Ambroa, en Irixoa prepara as festas de San Tirso con cea popular e tres días de música
A parroquia celebra do venres 23 ao domingo 25 de xaneiro, unha fin de semana na que se combinan os actos relixiosos coas verbenas e a gastronomía
A Coruña dá o primeiro paso para regular as VTC cunha consulta pública previa
O Concello abrirá durante dous meses un proceso de participación para recoller achegas cidadás e do sector antes de decidir se impulsa unha ordenanza municipal
O persoal de Losán e Aserpal enche as rúas entre Vilasantar e Curtis: ‘Queremos traballar, non mendigar’
A plantilla denuncia tres nóminas pendentes e a falta dun plan industrial mentras CCOO advirte da incerteza de arredor de 200 familias e lembra a retirada do investidor en decembro
A Xunta sorteará 40 vivendas públicas en Xuxán, na Coruña, con alugueiros desde 97,37 euros
O acto, ante notario, celebrarase o venres 16 ás 11.00 no edificio administrativo de Monelos e o 40% dos pisos reservaranse para menores de 36 anos
Esgótanse as entradas en Sada para ver ‘Go Home!’ este domingo na Casa da Cultura
A comedia, protagonizada por David Amor e Josito Porto, chega o 18 de xaneiro de 2026 ás 19.00 e pon o foco no turismo e na xentrificación
Miño móvese para ser sede da fase decisiva do Campionato de España Sub-14 e Sub-16
O alcalde Manuel Faraldo e o concelleiro de Deportes, José Manuel Pantín, abordaron coa Futgal e coa AD Miño a organización dunha cita prevista do 6 ao 8 de febreiro
A Coruña saca a licitación 21 postos baleiros nos mercados de Monte Alto e San Agustín
O prazo para presentar ofertas abre o 15 de xaneiro e remata o 26, cunha concesión inicial de 15 anos e opción de prórroga por outros 10
Arteixo Futuro propón levar a 'arte no asfalto' ás contornas escolares para pacificar o tráfico
A plataforma suxire un primeiro mural piloto no cruce da Avenida de Caión e apoia a iniciativa en estudos que relacionan estas intervencións cunha caída da sinistralidade
O Club Atletismo de Sada celebra a clasificación de Hugo Zuluaga para o Campionato de España nos 800
Hugo Zuluaga (Sub18) compartiu serie co seu técnico Nacho del Buey nun control en Ourense e rubricou unha marca que lle abre a porta ao Campionato de España
Sada acolle o Open Dominó Zona Norte no restaurante As Rodas
A competición xogarase o sábado 24 de xaneiro, durante toda a xornada, e repartirá máis de 500 euros en premios
Viós celebrará 'As Candeas' cunha sesión vermú e degustación no pavillón do instituto
A cita será o domingo 1 de febreiro e contará coa actuación do 'Dúo Primera Fila' a partir das 13.30 horas




