AcorunaXA
Volven as sesións gratuítas de baile e movemento para maiores en Fonteculler
A actividade, aberta á veciñanza e sen inscrición previa, celébrase o primeiro e o terceiro venres de cada mes no Centro Social Virginia Blanco
Bergondo activa un plan de mellora de camiños municipais por preto de 570.000 euros
O Concello investirá 568.411,14 euros nun paquete de obras con aglomerado, regas asfálticas e formigón en Ouces, Lubre, Bergondo, Moruxo, Santa Marta de Babío, Rois, Vixoi e Guísamo.
Sada cambia a data do espectáculo de David Perdomo por motivos de axenda
O monólogo, previsto inicialmente para o 15 de marzo, celebrarase finalmente o domingo 8 de marzo pola tarde
Sada leva ao auditorio ‘El Milagro de Santa Eulalia’ este sábado con entrada libre
A concellería de Cultura programa a función o 17 de xaneiro, ás 19.00 h, na Casa da Cultura Pintor Lloréns, a cargo da compañía Casa Castilla-La Mancha da Coruña
Leticia Sabater actuará en Ordes no luns de Entroido nunha festa en carpa climatizada
A cita será o 16 de febreiro, ás 22.30 h, no Campo da Feira, cun cartel que completa Unión y Fuerza e a disco móbil CDC
A oleirense Alba Porto López, campioa galega cadete de dúatlon cros en Vimianzo
A deportista de Oleiros asinou un tempo de 42:26 na modalidade supersprint do Dúatlon de Reis e subiu tamén ao podio absoluto feminino nunha xornada marcada pola chuvia e o barro
O persoal das escolas deportivas municipais da Coruña pecha a cuarta xornada de folga en Riazor para esixir salarios pendentes e un prego con melloras
Traballadoras e traballadores volveron concentrarse ás 12.00 diante do Pazo dos Deportes, arroupados por persoas usuarias, mentres reclaman que Serviplus pague de inmediato as débedas e que o Concello inclúa subas salariais e avances laborais na nova licitación
San Vicente de Vigo quenta motores para a Festa de Inverno do 24 de xaneiro
A xornada, con misa solemne ás 13.00 horas, inclúe sesión vermú e verbena con Unión y Fuerza, actuación de DJ Mon e paella de balde nun campo cuberto por unha gran carpa
Luz verde á licitación do novo contrato de Nostián: 25 anos para xestionar e remodelar a planta de residuos
O Concello estima o valor do concurso en case 585 millóns de euros e fixa dous anos iniciais de transición antes de 23 con instalación renovada
A Deputación aporta 16.000 euros para unha nova carretilla eléctrica na Confraría de Pescadores da Coruña
A deputada Cristina Capelán visitou as instalacións e destacou a liña provincial de 800.000 euros para modernizar o sector e apoiar tamén a contratación de persoal
A Comisión de Centro do CHUAC alerta dun colapso 'grave e sostido' en Urxencias e pide medidas estruturais
A representación do persoal asegura que a saturación xa se estende ao conxunto do hospital e reclama reforzar de inmediato a Atención Primaria, aumentar camas e dimensionar os cadros de persoal
Folga total nas escolas deportivas municipais da Coruña con marcha de Riazor a María Pita e clase aberta na rúa
O persoal, no terceiro día de paro, esixe que Serviplus pague xa as nóminas pendentes e reclama que os novos pregos recollan melloras laborais e salariais
A Domus abre MiniDomus, unha nova sala interactiva para que a cativada aprenda xogando
O espazo inclúe sete ámbitos de experiencias con módulos de ciencia e tecnoloxía e será tamén punto de partida para obradoiros e espectáculos; Inés Rey visitou a nova área este luns
De Vacas celebrará na Coruña o seu décimo aniversario con 'Vacanal Sinfónica' no Teatro Colón
O concerto de gran formato será o 7 de febreiro ás 20.00 horas, dentro da programación cultural da Deputación, cun elenco de preto de setenta persoas no escenario e entradas de 4 a 10 euros
Culleredo licita por 461.940 euros a reforma integral da rúa Andrés Pan Vieiro no Burgo
A actuación prioriza o peón para gañar seguridade viaria e conta cun cofinanciamento do 54% por parte da Deputación da Coruña
A KDD Clásicos Coruña Y+ celebra o seu terceiro aniversario cunha concentración de vehículos o 18 de xaneiro
A xuntanza será de 10.30 a 14.00 horas na zona de Lamelas (A Coruña), con prazas limitadas e comida por 35 euros baixo reserva
Arteixo promove dous obradoiros de compostaxe en Monticaño para aprender a transformar residuos en abono
Haberá unha sesión de auto-compostaxe doméstica o venres 16 de xaneiro (16.00 a 20.00 h) e outra para crear unha composteira con madeira reciclada o sábado 17 (10.00 a 14.00 h), no parque de Monticaño (Pastoriza)
Abegondo recibe a Leti da Taberna co monólogo 'Jastac Japi Jolidais' no Centro Cultural O Salón
A actuación será o venres 16 de xaneiro ás 21.00 h e propón unha comedia arredor do uso das redes sociais durante as vacacións; as entradas pódense reservar por correo ou teléfono
Oito alcaldías da comarca reclaman un plan de rescate inmediato para Losán e Aserpal
Un manifesto conxunto esixe á empresa un plan de reactivación ‘sen parches’ e pide ao Goberno central, coa colaboración da Xunta, unha intervención coordinada da SEPI e do Igape para recuperar a produción ao 100 %
Abren as inscricións presenciais para o medio maratón C21 da Coruña, que se correrá o 1 de marzo
A proba xa supera as 1.600 inscricións e quedan menos de 900 prazas dispoñibles
Terra Nai convoca en Churío unha xornada aberta para sumar propostas e comezar 2026 con ‘calma e música con alma’
A cita será o 18 de xaneiro, de 10.30 a 14.30 horas, na Yurta Terra Nai, con acceso gratuíto, falangueo, petiscos e concerto, con confirmación previa
Vilasantar aproba por unanimidade unha moción do BNG para defender o emprego e o futuro industrial do Grupo Losán
A iniciativa alerta de atrasos nas nóminas e impagos en Losán e Aserpal e pide implicación da Xunta e do Goberno do Estado, ademais de chamar a participar na mobilización do xoves 15 ás 12.00 horas
Oleiros mantén aberto ata o 19 de xaneiro o prazo para participar no XII premio literario 'Descubrindo Oleiros'
O certame, promovido polo Servizo de Normalización Lingüística, está dirixido a escolares, mocidade e persoas adultas empadroadas ou escolarizadas no concello e esixe relatos inéditos en galego ambientados no municipio
Veciñanza de Infesta denuncia ‘fume negro’ nas chemineas de Betanzos HB e reclama máis control das emisións
A plataforma veciñal asegura que as emisións non son ‘só vapor de auga’ e pide á Xunta inspeccións e novas medicións




