Sada acolle o Open Dominó Zona Norte no restaurante As Rodas

SADA dominoO municipio de Sada será escenario este sábado 24 de xaneiro do Open Dominó Zona Norte, un torneo que se desenvolverá ao longo de todo o día no restaurante As Rodas, na parroquia de Espírito Santo. A cita prevé reunir xogadores e afeccionados a este xogo tradicional e contará con máis de 500 euros en premios para as persoas participantes.
O evento está impulsado polo Club de Dominó Sada e conta coa colaboración da Federación Galega de Dominó e do Concello de Sada, que apoian a organización desta xornada deportiva e de lecer. Desde a organización salientan que o Open se consolidou como unha referencia para a afección ao dominó na comarca e no norte de Galicia, atraendo participantes de distintos puntos do territorio.
As inscricións poden formalizarse a través dos teléfonos 617 224 820 e 618 328 555.