AcorunaXA
Callobre quenta o inverno cun cocido popular o 7 de febreiro
A Comisión de Festas da parroquia de San Xoán de Callobre, en Miño, convoca un xantar a partir das 14.00, con actuación musical do cantante Alex
ADEGA e colectivos veciñais alegan contra a central de bombeo de Meirama polo risco para o encoro de Cecebre
As entidades advirten de que o proxecto, declarado estratéxico pola Xunta, podería afectar á calidade da auga do Abegondo-Cecebre, principal fonte de abastecemento da Coruña e área metropolitana
A ANPA do CEIP ADR Castelao organiza unha Campa de Entroido en Ordes os días 16 e 18 de febreiro
Haberá obradoiros, disfraces, música, xogos e pintacaras, con inscrición previa e servizos opcionais de madrugadores e comedor
Adiada por mal tempo a III Miño Milla pola Paz, que pasa ao 9 de febreiro
A proba estaba prevista para este venres 30 de xaneiro ás 10.00 horas, pero o Concello decidiu aprazala polas malas previsións meteorolóxicas
A Xunta de Compensación do Castrillón reivindica a transparencia do proxecto tras un recurso contra o convenio urbanístico
A entidade, que agrupa 150 propietarios, lembra que o convenio fixa só o marco xeral e que o detalle chegará co PERI, cando se abrirá o período de alegacións
O BNG de Coirós leva ao pleno unha moción para impulsar un centro de día público para maiores e persoas dependentes
Os nacionalistas apelan ao envellecemento do municipio e piden estudos técnicos, un proceso participativo e apoio financeiro da Xunta e doutras administracións
O CRA de Culleredo abre as portas ás familias: visitas con cita previa entre o 27 de xaneiro e o 12 de febreiro
O centro, integrado por catro escolas de infantil, organiza xornadas para amosar o seu proxecto educativo e as instalacións, cun modelo de proximidade e atención personalizada
O pleno de Oleiros abordará un paquete de máis de 2,36 millóns para auga, pluviais e pavimentacións en Montrove e na rúa dos Sauces
Inclúe 1.277.438,44 euros para completar a renovación da rede xeral na rúa Rosalía de Castro e 1.082.637,31 euros dun plan complementario; tamén se someterán a votación 779.370,56 euros para gastos correntes
Sada avanza na rehabilitación integral da Capela de San Roque, cun investimento estimado de 376.000 euros
O Concello prevé retirar a fonte anexa que estaría na orixe dos problemas de cimentación e reforzar o terreo con resinas expansivas e micropilotes; o inmoble permanece pechado por seguridade
A Orquestra Sinfónica de Galicia terá en 2026 o maior orzamento da súa historia: case 11,3 millóns de euros
O Concello da Coruña achegará 4 millóns e a Escola Municipal de Música contará con 650.000 euros; a tempada inclúe 32 concertos no Palacio da Ópera e unha primeira xira polo Reino Unido
Veciñanza de Loureda, en Oza-Cesuras, reclama unha solución para unha pista impracticable ‘tres anos despois do primeiro aviso’
O camiño, con grandes pozas e rodeiras, volve poñer o foco no desgaste das vías rurais nun concello cunha forte actividade forestal e con plans de mellora en marcha
Arteixo levará ao Pleno o expediente para iniciar o deslinde coa Coruña
O Concello busca fixar os marcos en zonas como Meicende e a avenida de Nostián para reducir a inseguridade xurídica que afecta a vivendas e naves
O CEIP de Torres abre as súas portas en febreiro para dar a coñecer o seu proxecto educativo
As visitas serán todos os xoves de 12.00 a 14.00 h no colexio público de Torres en Vilarmaior e están dirixidas a familias con nenos e nenas de 3 a 8 anos
Miño celebra este venres a III Miño Milla pola Paz cunha carreira solidaria na rúa Estremeiro
A cita comeza ás 10.00 h na rúa Estremeiro e contará con cinco probas por idades con inscricións abertas e recollida de alimentos non perecedoiros
Oito empresas preséntanse para construír a nova senda peonil e ciclista entre Arteixo e Lañas pola AC-552
A actuación, licitada por 865.000 euros, habilitará un itinerario de algo máis dun quilómetro con franxa axardinada de separación, novo alumeado e melloras nunha parada de autobús
A Xunta e os concellos afectados polos ataques do lobo pedirán ao TSXG que levante a suspensión das medidas de control
A conselleira Ángeles Vázquez reuniuse con representantes de Ferrol e Curtis e anuncia que remitirá á Xustiza denuncias veciñais e documentos municipais ante o aumento de avisos e o impacto nas explotacións gandeiras
O Entroido 2026 en Coirós celebrarase na Cortella con inchables, concursos e música en directo
A cita será o martes 17 de febreiro, de 17.00 a 20.00 h, no polideportivo municipal, con actividades para público infantil e adulto e premios en metálico
O PSOE de Oleiros levará ao pleno unha iniciativa para reclamar a reparación das estradas e acabar coas 'fochancas'
A agrupación socialista pide actuacións urxentes en vías de titularidade estatal, autonómica, provincial e municipal, e pon o foco na N-VI, a AC-183 e a DP-5812
A mediación pola folga do bus na provincia da Coruña remata sen acordo e medra o risco de paro indefinido o 2 de febreiro
Os representantes dos traballadores saen ‘decepcionados’ do encontro no Consello Galego de Relacións Laborais e acusan a patronal de acudir sen propostas para desbloquear un convenio paralizado desde hai máis de catro anos
O Concello da Coruña asume a titularidade plena da Cidade das TIC e anuncia un investimento de máis de 11 millóns de euros
Inés Rey e o reitor Ricardo Cao formalizan o traspaso do antigo complexo da Fábrica de Armas para acelerar o polo tecnolóxico, con tres novos edificios para a UDC
Dobre prata para Mateo García e gran actuación de Paula Otero no Meeting Internacional de Xenebra
O Club Natación Arteixo celebra os resultados en Suíza e xa mira ao Campionato de España de Longa Distancia, o sábado 31 de xaneiro en Elxe
Inés Rey recibe en María Pita a Wole Soyinka antes do inicio de Poetas Di(n)versos 2026
O Nobel nixeriano recitará esta noite no Centro Ágora xunto á poeta galega Lupe Gómez, na apertura da 17ª edición do ciclo
A familia Morales de Carral destaca no Galego de marcha en ruta de Marín
Iván Morales foi segundo na proba absoluta de 10 km e campión máster, mentres Alba Morales logrou a prata sub-18 nun campionato con arredor de 150 participantes
O BNG abre nas redes unha canle para recoller propostas de mellora de BiciCoruña
A concelleira Avia Veira anuncia unha moción para o Pleno do 12 de febreiro e chama á veciñanza a trasladar queixas e suxestións sobre a falta de bicis, a saturación de estacións ou o mantemento




