AcorunaXA
Miño organiza unha excursión a Padrón para maiores de 55 anos con feira, xantar e baile
A saída será o domingo 8 de febreiro ás 8.30 horas desde a rúa do Mercado e as inscricións ábrense o 29 de xaneiro na Oficina de Turismo
Paderne leva á Casa do Concello un obradoiro práctico para aprender a mover e coidar persoas dependentes con seguridade
A formación, gratuíta e aberta a pacientes, familias e veciñanza, será o 24 de febreiro e impartiraa o enfermeiro Víctor Iglesias
Arteixo concede 79 novas licenzas de actividade dende 2025 e reforza o tirón empresarial en Morás e Sabón
O Concello destaca a diversidade de proxectos, con altas de pequeno comercio, obradoiros, servizos de benestar, almacéns, ocio infantil e novas iniciativas turísticas
Abegondo celebrará o Entroido o 15 de febreiro cun desfile, concurso de disfraces e música en directo
O programa inclúe premios en metálico, actividades para a cativada e a actuación de Carlos Manteiga no Campo da Feira e no pavillón polideportivo
A Deputación convoca o XVII Premio Rosalía de Castro de Lingua para recoñecer o compromiso coa promoción do galego
O certame repartirá 15.000 euros en tres categorías e o prazo para presentar candidaturas estará aberto até o 30 de abril
Culleredo reprocha á Xunta que siga sen financiar o Conservatorio de Música mentres o Concello achega máis de 700.000 euros ao ano
A Deputación da Coruña concede 25.000 euros para o funcionamento en 2026 e o goberno local avanza na reforma integral das instalacións, aprobada no pleno do 30 de decembro
Abegondo abre o luns a inscrición para o concurso de disfraces do Entroido
A festa celebrarase o 15 de febreiro con desfile, certame con premios, obradoiros e inchables, e un concerto de Carlos Manteiga
Betanzos esixe ao Goberno unha solución urxente aos problemas de persoal da Oficina da Seguridade Social
O Concello denuncia a falta de atención presencial e reclama que os veciños non teñan que desprazarse fóra da cidade para realizar trámites
Carral quenta motores para o Entroido cunha tarde-noite de desfile, concursos e música en directo
A cita celebrarase o domingo 15 de febreiro no Campo da Feira, cun programa que inclúe pasarrúas, concurso infantil e unha actuación do Somoza Trío
Cancelado o X Trail Costa Doce nocturno polo mal tempo
A proba prevista para o sábado pola noite non se celebrará, pero mantense a carreira do domingo pola mañá en Sada
Mariñas Coruñesas leva a Fitur o eclipse solar, a súa nova base náutica e a sustentabilidade como bandeiras do ecoturismo
A Reserva inaugura na primavera unha Base de Actividades Ecoturísticas en Betanzos, lanza a campaña 'O noso corazón verde' e destaca un crecemento do 13% en visitantes
Carraceda celebrará o Entroido 2026 cunha comida popular e baile de disfraces
A Asociación de Veciños organiza a cita o domingo 15 de febreiro no Local Social de Cines, con música en directo de Eric Hidalgo
Palavea énchese de teatro este sábado con 'O milagre de Santa Eulalia'
A asociación 'Os nosos lares' e a Casa de Castela-A Mancha da Coruña programan no Centro Cívico unha función de balde ás 19.00 horas a cargo do grupo Ave Fénix, coa colaboración do Concello
O Entroido de Nós en Oleiros regresará o 17 de febreiro con música, disfraces e degustación de doces tradicionais
A Praza da Liberdade acollerá desde as 17.00 horas animación infantil, desfile de disfraces e a actuación do dúo 'Alba y Selu', ademais do sorteo dun lote de Entroido
Seguimento maioritario na décima xornada de folga do transporte en autobús, pendentes da mediación do luns
O persoal mobilizouse na Coruña, Ferrol e Compostela e a CIG asegura que levará á mesa as reivindicacións 'sen pretensión de rebaixar nada'
Betanzos retoma o proxecto dun Parador no casco histórico tras unha reunión en Fitur
María Barral reuniuse coa presidenta de Paradores e propuxo concretar a iniciativa nun edificio singular de máis de 1.400 metros cadrados, actualmente dispoñible para a súa compra
Pontón esixe un plan de choque para a primaria e novas especialidades nos centros de saúde
A portavoz do BNG acusa a Rueda de estar 'ausente' ante o colapso das urxencias do CHUAC e advirte de que o deterioro do público responde a unha estratexia para favorecer a privada
CCOO convoca unha concentración en Madrid para reclamar garantías de emprego no Grupo Losán
A protesta será o 5 de febreiro fronte ao Ministerio de Facenda e busca presionar para que as administracións se impliquen nun plan industrial viable
O Concello de Carral e A Xunta avalían as necesidades da atención sanitaria no municipio
O alcalde reuniuse co conselleiro de Sanidade para estudar melloras no centro de saúde, incluída a posibilidade de construír un novo edificio
Miño volve ser sede da fase decisiva do Campionato de España de Seleccións Autonómicas sub-14 e sub-16
Do 6 ao 8 de febreiro, o campo municipal de Gallamonde acollerá partidos entre Asturias, Murcia, Melilla e Extremadura dentro dunha cita que tamén se repartirá entre A Coruña e Arteixo
O CHUAC consolídase entre os 20 mellores hospitais de España e lidera Galicia no ranking de Merco
O complexo hospitalario da Coruña sobe ata o posto 18 no Monitor de Reputación Sanitaria 2025 e destaca en especialidades como Rehabilitación (6º) e Farmacia (7º)
Curtis ofrece en Teixeiro un taller de defensa persoal para mulleres con sesión teórico-práctica
A actividade, enmarcada na programación do 25N, celebrarase o sábado 7 de febreiro, de 16.00 a 20.00 horas, no edificio de usos múltiples de Teixeiro
Dobre representación coruñesa no balonmán na convocatoria nacional de tecnificación
Mateo Cernadas López e Teo Gómez Meijide participarán do 9 ao 16 de febreiro nunha concentración no CAR de Sierra Nevada xunto a outros 68 deportistas da xeración 2009-2010





