AcorunaXA
Música e solidariedade únense nun concerto polo 8M no Conservatorio da Coruña
O auditorio do centro acolle este luns 9 de marzo, ás 17.00 horas, unha cita a beneficio de ADC Bolboretas A Coruña Dragon Boat BCS, con presentación literaria e un repertorio composto integramente por mulleres
O PSdeG de Carral reclama información a tres administracións sobre o cambio de uso do solo en Os Capelos
A portavoz socialista, Patricia Blanco Fidalgo, rexistrou peticións ante o Concello, a Xunta e SEPES para coñecer o estado da modificación urbanística que permitiría transformar terreos residenciais en industriais
Bergondo reivindica a memoria, o presente e o futuro das mulleres no 8M
O Concello impulsa unha campaña baixo o lema 'As mulleres que fomos, as que somos e as que virán' e programa un certame de relatos e unhas xornadas gratuítas de saúde
A cultura e a reivindicación arroupan en Sada a celebración dun multitudinario 8M
A Casa da Cultura reuniu a numerosas veciñas e veciños nun acto institucional no que tamén participaron Sadanza, a Escola de Danza Carmen López e a A.C.D. A Meda
AMariñaXa | ACoruñaXa
Opinión: Música no Día da Muller
A nova musical máis actual e mesmo 'Ma non troppo'
Oleiros acelera novos asfaltados en rúas e camiños tras os atrasos provocados pola chuvia
O Concello prevé actuar nos próximos días en vías como Lucín, Salvador de Madariaga, Álamos e Miguel Hernández, ademais doutras rúas de varias parroquias
Unha excursión a A Guarda e Tui abre en Paderne o programa de saídas socioculturais de 2026
O Concello organiza para o sábado 14 de marzo unha viaxe con visita guiada ao Monte de Santa Tegra e inscrición aberta ata o mércores 11
A cooperación da Deputación da Coruña cumpre dez anos co foco posto no empoderamento das mulleres
A institución provincial fai balance dunha década de apoio a proxectos en África e América Latina centrados na autonomía económica, a soberanía alimentaria, o acceso a servizos básicos e a defensa dos dereitos fundamentais
O BNG carga contra a precariedade das emerxencias en Culleredo tras dous incendios en vivendas
A formación nacionalista sostén que o municipio non dispón dun servizo municipal operativo en condicións e reclama ao goberno local máis persoal e medios despois de dous lumes rexistrados nos últimos días
Oleiros licita a concesión do café-bar da Casa do Pobo de Montrove con canon de 220 euros ao mes
O contrato inclúe tamén o servizo de limpeza diaria do inmoble e terá unha duración de tres anos, con posibilidade de prórroga, cun prazo de ofertas aberto ata o 1 de abril
Sada aposta pola formación xuvenil cun novo curso de monitor/a de tempo libre
O Concello abre o prazo para anotarse nunha iniciativa pensada para mellorar a empregabilidade e preparar profesionais capaces de traballar con infancia, mocidade e outros colectivos
ACoruñaXa
CCOO pide recuperar a xubilación especial aos 64 anos no convenio da limpeza da provincia
O sindicato diríxese ás partes asinantes para que rectifiquen a supresión do artigo, unha medida que considera clave nun sector moi feminizado e con alta parcialidade
Denuncian actos vandálicos na ruta á Fervenza de Verís e piden respecto polo patrimonio natural
O Concello de Irixoa alertou de danos no sendeiro que leva ás fervenzas do río Zarzo, un percorrido moi frecuentado na parroquia de Santa María de Verís
Oleiros investirá 2,4 millóns na renovación integral das rúas de Cavamontes, en Perillo
O proxecto permitirá ampliar espazos peonís, mellorar zonas verdes e reorganizar o tráfico nunha actuación que incluirá tamén nunha segunda fase a reforma do mercado municipal
Máis de 416.000 euros para mellorar camiños rurais en 14 concellos da comarca de Betanzos
A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, supervisou en Oza-Cesuras as obras no camiño de Burricios, incluídas no Plan Camiña Rural 2025-2026
A Deputación achega 300.000 euros para o novo centro de rehabilitación de dano cerebral de Adaceco na Coruña
O futuro edificio, que se construirá nunha parcela cedida polo Concello entre as rúas Solís e Eirís de Arriba, permitirá atender arredor de 40 persoas
Arteixo reúne esta fin de semana a 120 patinadores nunha cita clave da Solo Dance galega
O Pazo dos Deportes acollerá o sábado 7 o Campionato de Preseleccións e o domingo 8 a I Fase de Niveis e as probas de acceso de parellas, nun evento organizado polo Club Deportivo Fervello
Arteixo acolle hoxe, 6 de marzo, a representación de 'Manual de patronaxe', unha homenaxe ás mulleres coidadoras
A compañía Teatro do Noroeste levará ao Auditorio do CCC Manuel Murguía unha obra baseada no texto de Nerea Brey que reflexiona sobre memoria, identidade e feminismo
Os bombeiros percorrerán A Coruña este domingo nun desfile especial polo seu patrón
A caravana de vehículos do servizo municipal sairá ás 10.30 horas desde o parque da Grela e atravesará numerosos barrios da cidade
A Costa Ártabra volverá correr con fins solidarios o 19 de abril entre Oleiros e A Coruña
A cuarta edición da proba, organizada por CASCO, ofrecerá un percorrido de 10 quilómetros con saída en Oleiros, chegada ao Parrote e servizos gratuítos de bus e gardería
Curtis dedica marzo ás 'Pegadas de Muller' cun programa para visibilizar o papel feminino na vida local
O Concello impulsará ao longo deste mes exposicións, accións de sensibilización, actividades nos centros educativos e un acto de recoñecemento arredor do 8M
A Biblioteca Municipal de Carral impulsa un novo club de lectura para maiores de 16 anos
A iniciativa botará a andar o 15 de abril en Carral con reunións quincenais e inscrición gratuíta na Casa da Cultura
O Trofeo Cidade da Coruña de hípica arranca este sábado en Abegondo con 110 participantes
A R.S.D. Hípica de Figueroa acollerá a primeira proba do calendario, un Concurso de Salto Territorial integrado no circuíto oficial da Federación Hípica Galega
ADEGA pide ao Wake Up Festival que reconsidere o seu emprazamento polo impacto ambiental en Bens
A asociación ecoloxista fai pública unha carta aberta na que advirte de riscos para a fauna protexida, do efecto do ruído sobre especies vulnerables e do estrés que pode provocar nos animais do centro municipal próximo ao recinto




