AcorunaXA
Seis escapadas ao spa para maiores de 60 con prazas limitadas
O Concello de Vilasantar abre as anotacións para as 'Xornadas de Termalismo', con seis datas entre marzo, abril e maio e 30 prazas dispoñibles en cada quenda
Arrincan en Ordes as obras de reparación na N-550 tras os temporais
O Goberno mobiliza 38 millóns de euros extra para a conservación das estradas estatais en Galicia e comeza pola N-550 ao seu paso por Ordes, mentres a Deputación reivindica o impacto do Plan Único no municipio con máis de 15,4 millóns investidos desde 2017
O pulso pola Casa Cornide segue adiante e o Pleno de A Coruña impulsa novos proxectos culturais e de protección patrimonial
A sesión aprobou manter vivo o procedemento para recuperar o inmoble para o patrimonio público, deu luz verde ao estudo de detalle da nova biblioteca de Palavea, ampliou o catálogo do PXOM con 77 novos elementos e renovou o convenio para axilizar as convocatorias da Policía Local
Dúas sesións para poñer o foco na saúde das mulleres dentro do programa do 8M
O Concello de Bergondo organiza as xornadas gratuítas 'Escuelas de Salud para la Mujer' na Biblioteca de A Senra, os días 12 de marzo e 21 de abril ás 19.00 horas
Un auditorio a medio reformar deixa sen escenario ao CIFP Imaxe e Son
A dirección do centro de Someso alerta de que a aula-teatro leva dous anos inutilizada e pide á Consellería que desbloquee a obra, parada tras apareceren problemas estruturais e un sobrecusto
Oleiros enche de público a feira de orientación académica e profesional
A quinta feira reuniu 34 entidades e mobilizou pola mañá arredor de 600 estudantes dos catro institutos do municipio, antes de abrir pola tarde ao público xeral no Pavillón Arsenio Iglesias de Santa Cruz
O BNG de Miño pide máis canles de participación e denuncia que a súa proposta non prosperou no pleno
A moción incluía encontros periódicos nas parroquias, un ‘Escano Veciñal’ nas sesións plenarias e un proceso anual de orzamentos participativos, pero foi rexeitada polo goberno local do PSOE
Un xantar solidario convocará á veciñanza de Cambre para apoiar a loita contra o cancro
A comida benéfica impulsarase desde Cambre e celebrarase o sábado 14 de marzo, ás 14.30 horas, no restaurante El Pantano, en San Román Orto (Abegondo), con música e ‘sorpresas’
A Xunta reivindica máis de 5,5 millóns de euros en melloras educativas en Betanzos
Educación destaca a rehabilitación do CEIP Francisco Vales Vilamarín e actuacións nos institutos, nun debate que chega tras mobilizacións das familias e iniciativas políticas nos últimos meses
Un incendio nunha vivenda de Cabana mobiliza os servizos de emerxencia en Culleredo
O lume declarouse ás 12.45 horas nunha segunda residencia da parroquia de Veiga e barállase un calefactor como posible orixe
Un novo barrio con 160 vivendas comeza a coller forma na Baiuca-A Penouqueira
A Xunta prevé investir 2,5 millóns de euros na urbanización deste ámbito de Arteixo e abre un prazo de alegacións tras a aprobación inicial do Proxecto de Interese Autonómico
Un novo impulso para vestir de curto ao fútbol veterano de Oza-Cesuras
O Concello asinou un convenio cos Veteranos de Oza dos Ríos para apoiar a compra das equipacións da tempada 2025-2026 e reforzar a súa liña de colaboración co deporte local
Un curso gratuíto ensinará a sacar partido da intelixencia artificial no día a día
A formación de 'Destrezas dixitais' arrinca o luns 9 de marzo en Coirós para persoas de 18 a 65 anos, con sesións de 10.00 a 13.15 horas e prazas limitadas
Un novo punto de atención achega información sobre o párkinson á veciñanza de Culleredo
A Asociación Párkinson Galicia-Coruña abrirá desde o 16 de marzo un servizo quincenal no Centro Municipal Asociativo A Escada e antes impartirá unha charla para profesionais o 5 de marzo no Centro Cívico Virginia Blanco
A Deputación pon o foco na canteira coruñesa tras o CESA 2026
A institución provincial recibiu a 14 xogadores e xogadoras que estiveron coas seleccións galegas de balonmán nun campionato no que Galicia asinou un dos seus mellores balances recentes
Unha finca cedida desbloquea o saneamento que agardaba Gosende
O Concello de Carral completa o último trámite para licitar as obras en Tabeaio, financiadas polo Plan Único da Deputación, cun investimento de 278.358,51 euros
Morás terá listo o novo parque comarcal de bombeiros para substituír o de Sabón
O Concello de Arteixo recepcionará o edificio o vindeiro día 9, unha infraestrutura de 1.300 metros cadrados e un investimento superior a 1,2 millóns de euros que dará servizo tamén a Cambre, Carral, Culleredo e Oleiros
O Circo de Artesáns lembra a Antón Vilar Ponte no 90 aniversario do seu pasamento
A homenaxe, celebrada na Coruña e promovida pola Asociación Cultural Alexandre Bóveda e Cántigas da Terra, contou coa presenza do concelleiro Gonzalo Castro e incluíu música tradicional e lectura de textos
Contos, teatro e propostas feministas para encher marzo nas bibliotecas de Oleiros polo 8M
A rede municipal concentra entre o 4 e o 13 de marzo sesións da Hora do conto para crianzas, actividades para centros educativos e exposicións bibliográficas sobre a muller en todas as sedes
Unha cea-baile en Xarío xuntará Perbes coa música do Dúo Matices
A comisión de festas organiza a cita o sábado 7 de marzo no local social, con inicio ás 21.00 horas e un menú con churrasco por 15 euros
O ximnasio municipal de Abegondo muda de sede e pecha catro días polo traslado do equipamento
O Concello anuncia que o servizo volverá o luns 9 de marzo en 'Os Loureiros' e que, desde o 11, as actividades deportivas se redistribúen entre Viós, Sarandóns, o CEIP San Marcos e a sala Biosfera
Catas e retirada parcial de cachotaría na Capela de San Roque para afondar nas causas das fendas
O Concello de Sada iniciou esta semana uns traballos previos, autorizados por Patrimonio e con seguimento arqueolóxico, para axudar a definir o proxecto de rehabilitación do edificio
Máis seguridade e comodidade no parque Sofía Casanova tras a renovación do mobiliario
O Concello de Culleredo substituíu os bancos deteriorados en Vilaboa, atendendo unha petición do ANPA, e prevé investir 100.793 euros nunha nova pista multideporte
Novo edificio de vivenda pública: 11 alugueiros accesibles previstos na rúa Adelaida Muro
O Concello de A Coruña e o Estado impulsan a actuación en Monte Alto da man de Casa 47, que prevé ter o proxecto listo no verán e iniciar as obras antes de que remate 2026




