Usuarios das áreas caninas da Coruña alertan da invasión de lixo debido á folga de recollida na cidade

ACoruñaXa
Os usuarios están cansos das promesas incumpridas e da falta de mantemento nas áreas caninas da Coruña
Imaxe do canil de Santa Margarita na Coruña
Imaxe do canil de Santa Margarita na Coruña
10 Xul 2024

Desde a mañá de onte, o grupo de whatsapp CANIL Sta Margarita protagonizou unha activa mobilización. O motivo: unha enérxica reclamación ao concello, canalizada a través do 010, para urxir a finalización das obras pendentes e a limpeza do contedor único, desbordado, que atende ás dúas áreas independentes creadas polo novo acceso ao parque desde a rúa San Mateo.

"O 010 díxonos que se o contedor estaba cheo pusiéramos as bolsas no chan. Isto é incrible. Temos só un contedor, sen tapa, e está á rebosar. O olor é nauseabundo. Vai o concello ter en conta as áreas caninas se se declara a emerxencia sanitaria?", lamenta un dos usuarios.

A situación tense cunha mellora anunciada polo concello a principios de ano, cuxas obras se prometeron rematadas en abril pero aínda non finalizaron.

A patrulla verde intensifica control de cans soltos

Mentres tanto, a patrulla verde incrementa os controis sobre cans sen correa. O pasado xoves pola mañá, desprazáronse a Bens e informaron aos donos que só poden levar os cans soltos en horario nocturno.

"Descoñecen que o parque pecha de 22.00 a 9.00?", pregúntase un usuario, criticando que non se multe ás persoas que non recollen as feces dos seus cans.

A única praia canina da cidade, abandonada e sucia

Doutra banda, a única praia canina da cidade segue tan abandonada e sucia como sempre. O único cambio notable foi a instalación dun cartel que a identifica como tal.

"O estado é tal que na web de turismo a foto da 'praia canina' está tomada no Orzán e non en Bens, sen facer mención a esta última", lamentan os usuarios.

0.18006920814514