Unha startup creará en Curtis a primeira planta de proteínas vexetais de España

ACoruñaXa
O polígono industrial de Teixeiro (Curtis) albergará a primeira planta de proteínas vexetais existente en toda España.
Curtis terá a primeira startup de proteínas vexetais de España
Curtis terá a primeira startup de proteínas vexetais de España
23 ene 2024

O polígono industrial de Teixeiro (Curtis) albergará a primeira planta de proteínas vexetais existente en toda España. SEPES, a entidade pública empresarial de solo adscrita ao Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana (MIVAU), pechou a venda de dúas parcelas, que suman un total de 13.635 m2, á startup sevillana In Proteins For All, dedicada á industria da proteína vexetal.

A operación comercial pechouse por un importe de 519.000 euros e permitirá a subministrar de xeito global ingredientes de orixe vexetal de alta calidade e sostibles a toda a industria agroalimentaria. Ademais, dende In Proteins For All teñen previsto investir na zona case 17 millóns de euros na zona. Tamén se prevé que a súa apertura xere polo menos 25 postos de traballo novos na comarca.

A nova fábrica contará cun sistema de produción híbrido, que combinará a extracción seca de proteínas concentradas ao 50% a partir de sementes ou fariñas de legumes cun sistema húmido posterior que transformará as proteínas concentradas en proteínas illadas e purificadas e en proteínas funcionais.

A venda destas dúas parcelas a In Proteins For all súmase aos proxectos xa implantados no polígono industrial de Curtis, como o das empresas de transformación láctea e a empresa de biomasa de Greenalia, xeradora de centos de postos de traballo na zona. En total, o Parque Industrial Curtis Teixeiro conta con 252.955 m2 distribuídos entre 28 parcelas industriais.