Teixeiro acollerá a XXII Xuntanza dos Maiores o 28 de abril

ACoruñaXa
O evento celebrárase no Pavillón de Teixeiro ás 14.00 horas e con el, o Goberno local quere recoñecer con esta xuntanza o importante papel que xoga a terceira idade na nosa sociedade
Imaxe recurso do coidado de persoas maiores
Imaxe recurso do coidado de persoas maiores
5 mar 2024

O vindeiro domingo 28 de abril o Concello de Curtis organiza en Teixeiro a súa tradicional Xuntanza dos maiores. O evento celebrárase no Pavillón de Teixeiro ás 14.00 horas.

A área de Benestar Social e Igualdade do Concello de Curtis prepara a que será a XXIII Xuntanza dos Maiores que se celebrará co fin ser un punto de encontro para que as veciñas e veciños de máis idade do municipio se xunten a compartir experiencias e vivencias.

Ademais, o Goberno local quere recoñecer con esta xuntanza o importante papel que xoga a terceira idade na nosa sociedade.

Nesta edición a celebración será no pavillón deportivo de Teixeiro. Cada ano, o Concello rota o lugar de organización entre as localidades de Curtis e Teixeiro.

Todas as persoas interesadas en acudir poderán retirar as invitacións a partir do venres 22 de marzo, ata o venres 19 de abril na Casa do Concello, en Teixeiro, ou ben nas dependencias municipais de Curtis. Para poder facelo é imprescindible que presenten o carné da terceira idade.

O Concello tamén informou de que disporase de autobús para quen o precise.