San Ciprián de Bribes inicia as súas festas en Cambre con churrascada e verbena

ACoruñaXa
As celebracións incluirán misa solemne, sesión vermú e música en directo durante toda a fin de semana
fiestas bribes cambre
13 sep 2024

As festas de San Ciprián de Bribes, no municipio de Cambre, comezarán o venres 13 de setembro ás 20.00 horas cunha gran churrascada que reunirá aos veciños para disfrutar dun banquete colectivo. Despois da comida, os asistentes poderán gozar dunha verbena animada polo grupo Bomba e o DJ Gus, que ofrecerán unha noite de música e baile.

O sábado 14, ás 13.00 horas, terá lugar a misa solemne en honra ao Santo. Tras a celebración relixiosa, a sesión vermú contará coa música do grupo Galia, que tamén se encargará de amenizar a verbena nocturna, xunto ao DJ Croques.

O domingo 15, a última xornada festiva comezará ás 13.30 horas coa misa solemne. A festa finalizará coa sesión vermú, onde o dúo Crazy e Miguel GP porán o broche final a unhas festas cheas de actividades e celebracións.

0.17329216003418