Sada presenta o programa de actividades do 8M

ACoruñaXa
O empoderamento feminino, cursos dixitais, o programa extraordinarias, un acto institucional e unha concentración de mulleres compoñen a axenda do 8M en Sada
Cartel do dia da Muller en Sada
Cartel do dia da Muller en Sada
5 mar 2024

A Concellería de Benestar social e Igualdade e Emprego do Concello de Sada presenta a programación das distintas actividades que se van a levar a cabo para a conmemoración do Día Internacional da Muller.

Os días 1, 4, 6 e 8 marzo terá lugar un taller de empoderamento feminino e desenvolvemento persoal, que pretende facilitar a conexión coas fortalezas, capacidades, virtudes e logros personais das mulleres de Sada tomando conciencia do seu gran potencial para conseguir os seus propósitos. O horario é de 9.30 a 14.30 horas.

O taller está enfocado a recuperar o poder persoal, a potenciar as nosas habilidades traballando técnicas para mellorar a nosa comunicación, fomentando unhas relacións equilibradas e saludables mediante la expresión de nuestros dereitos asertivos, dos nosos sentimentos, pensamentos e necesidades de xeito claro, sin agredir a los demás y respetándonos.

Doutra banda, os día 5 de marzo a Concellería de benestar social e igualdade e emprego do Concello de Sada a través da Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local (AEDL) en colaboración coa Fundacion Cibervoluntarios organiza o Obradoiro MullerTIC na aula CeMIT. A formación é presencial repartida en 2 obradoiros de 1,5 h. de duración cada un: Ferramentas dixitais para a procura de emprego. Programación: 05/03/2024 de 10.00 a 11.30 horas e Ferramentas dixitais para o emprendemento. Programación: 05/03/2024 de 11.30 a 13.00 horas.

Os días 6 e 7 de marzo desenvolverase o programa Extraordinarias. A Concellería de benestar social e igualdade e emprego do Concello de Sada a través da Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local (AEDL) en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios organiza o Programa Extraordinarias na aula CeMIT. Extraordinarias é un proxecto destinado a formar en márketing dixital a mulleres emprendedoras de zonas rurais de toda España para potenciar ideas e negocios activos que están a xerar valor e economía local para impulsalos a nivel global. Con Extraordinarias formáronse xa 4.000 mulleres emprendedoras.

A formación é presencial repartida en 2 obradoiros de 4 h de duración cada un: nivel intermedio: 06/03/2024 de 9.30 a 13.30 horas; nivel avanzado: 07/03/2024 de 9.30 a 13.30 horas.
Será na Aula CeMIT do Concello de Sada na Praza da Pescadería, 5. Para máis información acurdir á AEDL ou chamar ao 620 765 150.

Por último, o día 8 tera lugar un acto institucional. Ás 19.00 horas a Concellería de Benestar social e Igualdade e Emprego organiza un acto para conmemorar o '8M Día Internaciónal da Muller'. A primeira parte do acto consistirá na lectura de poemas e fragmentos de obras de autoras en colaboración ca Rede Feminista Sadense. AS interesadas en participar poden inscribirse no teléfono 618 628 414. Tamén actuará a cantante sadense Sofía Pérez Riesco. Ademais ás 20.00 horas será a concentración feminista na Praza de San Roque.