Sada pon en marcha un programa pioneiro nos institutos que atende necesidades dos adolescentes

ACoruñaXa
Trátase dun programa pionero no Concello de Sada que aborda as necesidades da mocidade tratando as problemáticas relacionadas con habilidades sociais e emocionais
Imaxe do IES Mosteirón en Sada
14 Mar 2024

O Concello de Sada, a través da concellería de Educación, pon en funcionamento no IES de Mosteirón talleres para adolescentes enfocados en habilidades sociais, xestión emocional, xestión de redes sociais e outros problemas comúns da mocidade que poden necesitar intervención.

Este programa nace da inquietude de familias e profesorado ante os adolescentes de entre 12 e 16 anos que teñen dificultades para xestionar as súas emocioneso controlar comportamentos impulsivos, problemáticas sobre todo no ámbito social.

Neste sentido, o programa xurde como unha resposta integral ás demandas emocionais, sociais e dixitais que enfrontan os nosos estudantes na actualidade e estrutúrase en doce sesións, que terán lugar una vez á semana, nas que se levan a cabo distintas actividades colectivas nun ambiente seguro e de confianza onde a mocidade se sinta escoitada e poida reflexionar acerca de temas que lles preocupan

Cada módulo dos talleres foi coidadosamente deseñado para fomentar un desenvolvemento positivo e equilibrado, abordando os aspectos cruciais da adolescencia.

“A adolescencia é unha etapa ponte hacia a idade adulta e  precisan ferramentas para aprender a acoplarse no ámbito social”  ” sinala a concelleira Rebeca Mouriño quen está convencida que esta iniciativa “contribuir a fortalecer  benestar emocional dos nosos estudantes”

0.18947410583496