Sada comeza a reforma da antiga Escola de Carnoedo

ACoruñaXa
Na reforma non se modificará a estrutura xeral do edificio, nin o seu volume, só se adaptará a configuración existente, para mellorar as condicións de accesibilidade e confort da construción para o uso da veciñanza e clubs deportivos do municipio
Imaxe das obras na antiga escola de Carnoedo en Sada
Imaxe das obras na antiga escola de Carnoedo en Sada
6 mar 2024

Sada está a reformar o antiguo edificio escola de Carnoe do para habilitar na planta baixa un aula infantil-ludoteca e un ximnasio e na planta alta unha sala destinada a aula musical e tamén espazos destinados ás asociacións e clubs deportivos do municipio, para organizar reunións e atender aos seus asociados.

Neste sentido, este martes a empresa adxudicataria da reforma interior do inmoble comezou coas obras licitadas por un importe total de 181.096,22 euros.

A parcela de 2.155 m2 onde se sitúa a antiga escola, atópase no lugar de Taibo, na parroquia de Carnoedo. E, en concreto, a edificación obxecto da reforma ocupa unha superficie en planta de 136,85 m2, e conta con planta baixa e planta alta. Na reforma non se modificará a estrutura xeral do edificio, nin o seu volume, só se adaptará a configuración existente, para mellorar as condicións de accesibilidade e confort da construción.  Colocarase un elevador e modificaranse os aseos existentes para facelos accesibles.

Na mesa de participación á que se convidou a todo o tecido asociativo e a todos os grupos políticos da corporación recolléronse todas as propostas e necesidades para a antiga escola unitaria de Carnoedo,  para posteriormente, traballar nun borrador de propostas de uso. Entre isas asociacións a AA.VV. Armental,   “bautizou” as distintas estancias cos topónimos das praias de Carnoedo, conectando este espazo multiusos coas raíces da parroquia.

Partindo do programa que saíu das reunións de participación e tendo en conta os condicionantes existentes do edificio, desenvolveuse unha proposta para a distribución das plantas e  dotar ao inmoble dun elevador e duns aseos accesibles, procurando o mellor aproveitamento do espazo e unha mellora da accesibilidade. Tamén se renovarán os acabados interiores, colocando illamento térmico e acústico e falsos teitos que mellorarán o confort do edificio. En canto á envolvente do edificio, actuarase creando unha nova soleira ventilada, co obxecto tanto de paliar o problema das humidades por capilaridad, como de illar térmicamente a separación co terreo.