O Concello de Sada xa está ultimando os preparativos para recibir o Entroido a través do concurso e o desfile de disfraces e carrozas que se celebrará o día 13 de febreiro e repartirá un total de 4.">

Sada celebrará o seu concurso de Entroido o 13 de febreiro

ACoruñaXa
O Concello de Sada xa está ultimando os preparativos para recibir o Entroido a través do concurso e o desfile de disfraces e carrozas que se celebrará o día 13 de febreiro e repartirá un total de 4.
entroidosadaconcurso
entroidosadaconcurso
25 ene 2024
O Concello de Sada xa está ultimando os preparativos para recibir o Entroido a través do concurso e o desfile de disfraces e carrozas que se celebrará o día 13 de febreiro e repartirá un total de 4.350 euros en premios.
Así, todas as persoas interesadas en apuntarse nalgunha das categorías que figuran no cartel, poden consultar as bases do concurso e cubrir o formulario dixital de inscrición na páxina web do Concello.  O prazo de inscrición finalizará o venres 9 de febreiro ás 14:00h.
Os interesados poderán concursar nunha destas 3 categorías: MINI (ata 4 compoñentes); GRUPAL (grupos de persoas disfrazadas coa mesma temática cun mínimo de 5 compoñentes); CARROZAS (agrupacións con disfraces dunha mesma temática que incluirán plataformas móviles autopropulsadas ou remolcadas, adornadas conforme á temática escollida polo grupo de participantes e relacionada cos seus disfraces).
Poderán participar todas aquelas persoas e colectivos que o desexen, sen límite de idade. As persoas concursantes deberán desfilar polas rúas do centro urbano de Sada, segundo o percorrido que proporá a organización, amosando os seus disfraces ao público e ao xurado, exhibindo as coreografías e a animación musical que acompañen a súa proposta.

Premios

Os premios outorgaranse segundo as puntuacións totais obtidas, despois da suma das valoracións parciais de cada compoñente do xurado. Deste xeito, haberá 3 premios en metálico por cada categoría: o primeiro premio será de 300€ para a categoría Mini; de 600€ para a Grupal, e de 1.000€ para as carrozas. O segundo premio, será de 200€ para a Mini, de 450€ para a Grupal e de 800€ para as carrozas. O terceiro premio será de 100€ para a categoría Mini, de 300€ para a Grupal e de 600€ para as carrozas