Polémica na Coruña pola contratación dun etarra para un acto público

ACoruñaXa
O grupo popular municipal pedirá explicacións á alcaldesa, Inés Rey, pola elección do seu Goberno
Joseba_Sarrionandia
Joseba_Sarrionandia
30 ene 2024

A contratación do Goberno de Inés Rey de Joseba Sarrionandia, etarra condenado por terrorismo, para un recital de poesía na cidade está dando moito de que falar. O escritor e poeta fuxiu do cárcere en 1985 e non volveu a España ata 2021, cando xa prescribiran os seus delitos.

Por elo, o Grupo municipal Popular pedirá explicacións a alcaldesa pola súa contratación para un acto público.“O Goberno municipal do PSOE que preside Inés Rey convidou a un acto público, pagado cos impostos de todos os coruñeses, a un etarra condenado por terrorismo a 18 anos de cárcere, que só cumpriu 5 porque se fuxiu do cárcere e non regresou a España ata que prescribiron os delitos”, sinala o portavoz do grupo Miguel Lorenzo.

Os populares presentaron unha serie de preguntas escritas sobre canto pagou o concello a Sarrionandia e canto foi o custo do desprazamento e a estancia na nosa cidade, co fin de saber canto lle custou aos coruñeses a contratación do etarra por parte do Goberno municipal.

Ademais denuncian que na web do concello menciónase que "a súa obra está ligada á súa situación persoal de preso e exiliado", pero non menciona a súa pertenza á banda terrorista nin que en realidade non estivo exiliado, senón fuxido para non cumprir a súa condena por pertenza a banda armada, entre outros delitos.“Este etarra nunca se desmarcou da violencia, polo que esixiremos explicacións á alcaldesa. Non cabe ningunha fisura na loita contra o terrorismo”, afirma o portavoz Popular, quen lembra que “o Goberno central socialista de Pedro Sánchez pacta con Bildu e o Goberno municipal socialista de Inés Rey contrata a condenados por pertenza a ETA”.