Paderne celebrará o Entroido o luns 12 de febreiro

ACoruñaXa
As actividades concentraranse na Carpa do Telleiro e haberá sorpresas tanto para os cativos como para os adultos
Paderne Entroido
Paderne Entroido
4 feb 2024

O Concello de Paderne celebrará a súa festa grande de Entroido o luns 12 de febreiro na Carpa do Telleiro. O lugar acollerá as actividades, pensadas para que todos os veciños e todas as veciñas, sen importar a idade, poidan gozar delas.

A partir das 17.30 horas comeza a Festa Infantil con obradoiros, inchables, concurso con diferentes premios aos mellores disfraces, e mesmo unha merenda para que os pequenos e pequenas pasen unha tarde estupenda.

De seguido, ás 20.30 horas a festa continúa coa actuación de Aixa Romay e a presentación dun dos eventos máis importantes do ano no municipio, como é o Entroido de Samede.

O prato forte da tarde será o Concurso de Disfraces para maiores de 16 anos, con diferentes premios en metálico, que irá acompañado dunha degustación de pinchos para todas as persoas asistentes.
Desde o Concello de Paderne animan a todos e todas, veciñanza e visitantes, a gozar dunha fantástica tarde de Entroido no Telleiro chea de disfraces, música e moita festa.