?> Oza-Cesuras celebra o sábado 11 de maio a 'Comida en homenaxe á terceira idade' en ACoruñaXa

Oza-Cesuras celebra o sábado 11 de maio a 'Comida en homenaxe á terceira idade'

ACoruñaXa
O evento terá lugar no Pavillón de Dordaño, ubicado en Cesuras
Imaxe recurso do coidado de persoas maiores
Imaxe recurso do coidado de persoas maiores
Redacción ACoruñaXa
25 abr 2024

O vindeiro sábado 11 de maio o Concello de Oza-Cesuras organiza unha nova edición da 'Comida en homenaxe á terceira idade'

O evento terá no Pavillón de Dordaño, ubicado en Cesuras e o prezo de participar na actividade terá un custo de 10 euros por persoa.

Ademais, será necesario retirar entrada, as cales se poden recoller dende o martes 23 de abril, de maneira presencial no centro de maiores de Oza e na sede do Concello de Cesuras.

oza-cesuras comida maiores