Oza-Cesuras celebra o 25 de maio a 'Festa das Flores de San Nicolás de Cis'

ACoruñaXa
A 'Festa das Flores de San Nicolás de Cis' en Oza-Cesuras contará cunha misa, un xantar popular e un concerto
Imaxe do cartel da Festa das Flores en Oza-Cesuras
Imaxe do cartel da Festa das Flores en Oza-Cesuras
29 abr 2024

O vindeiro sábado, 25 de maio, o Concello de Oza-Cesuras celebra a súa 'Festa das Flores de San Nicolás de Cis'.

O evento festivo comezará ás 13.00 horas coa celebración da misa solemne con actuacuón dun coro inclíuda.

De seguido, haberá unha comida popular na que se poderá desfrutar de empanada, langostinos, carne asada e postre. Ademais, a festa contará cun concerto amenizado polos artistas Carlos Mantiega, Xilo e Melchor.

O prezo da comida será de 26 euros para adultos e 15 euros pata activos ata 12 anos. Toda persoa que este interesada en participar no xantar da festa deberá reservar unha praza chamando aos 606 271 910, 658 208 909 ou 607 773 202 antes do 10 de maio.

Festa das Flores de Oza-Cesuras