Os nenos de escola infantil A Fraga Encantada lideran a invasión do castro de Cambre vestidos de soldados romanos

ACoruñaXa
Unha avanzadilla de preescolares iniciou a operación histórica coa visita ao castro, preparándose para a VII Galaicoi
Imaxe da invasión do exército romano en Cambre
18 Xul 2024

Esta mañá, un grupo de nenos e nenas da escola infantil A Fraga Encantada protagonizou un feito histórico ao liderar a avanzadilla do exército romano na invasión do castro de Cambre. Preparados e animados, armaronse con túnicas, cascos, espadas e escudos confeccionados por eles mesmos para a ocasión.

Aproximadamente 40 pequenos soldados, con idades comprendidas entre os 2 e os 8 anos, desprazáronse ao lugar baixo a guía do concelleiro da Axencia de Desenvolvemento Socioeconómico, Turismo e Patrimonio, Ramón Boga. Esta iniciativa forma parte dos preparativos para a VII Galaicoi, un evento anual que recrea as antigas guerras entre os castrexos e os romanos.

A Galaicoi terá lugar mañá, venres 19 de xullo, a partir das 18.00 horas, e está previsto que o conflito entre os pequenos castrexos e os soldados romanos comece ás 19.00 horas, despois da finalización da Asamblea de Clans.

Este evento non só serve como recreación histórica, senón tamén como unha actividade educativa e lúdica para os nenos, permitíndolles aprender sobre o patrimonio local de maneira interactiva e divertida.

0.16007208824158