Os concellos da comarca da Coruña conseguen o compromiso da Xunta para mellorar o transporte público

ACoruñaXa
A proposta, liderada polo Concello de Oleiros, demanda máis frecuencias e novas liñas de autobús para mellorar a mobilidade na comarca
Imaxe dos autobuses da Xunta
7 Nov 2024

O Concello de Oleiros, representado pola alcaldesa accidental, María José Varela, e o concelleiro de Mobilidade, Pablo Cibeira, acadou o compromiso da Xunta de Galicia para mellorar o servizo de transporte público na comarca da Coruña. Na reunión celebrada esta mañá co conselleiro de Presidencia, Diego Calvo, participaron tamén representantes de Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo e Sada, que trasladaron a urxencia de resolver os problemas que afectan á cidadanía debido ás deficiencias nas liñas de autobús.

Entre as demandas principais, Oleiros e os concellos asistentes solicitaron un aumento das frecuencias nas liñas con maior saturación para reducir as aglomeracións de pasaxeiros, así como a creación de novas liñas comarcais. Tamén se pediu a extensión do servizo de autobús urbano da Coruña a municipios como Oleiros e Culleredo.

O conselleiro amosou a súa disposición para atender estas peticións, e os concellos enviarán de inmediato un informe coas necesidades específicas da zona. Oleiros esixe un compromiso firme por parte da Xunta para que as melloras se reflictan no novo convenio de transporte, que debe ser renovado antes do 9 de decembro.

0.16192293167114