Ordes programa doce visitas da Policía Nacional para renovar o DNI e o pasaporte no primeiro semestre de 2027

ACoruñaXa
O equipo móbil desprazarase ao municipio dúas veces ao mes, cun máximo de 40 solicitudes por xornada
RENOVAR DNI
29 Nov 2026

A veciñanza de Ordes poderá tramitar e renovar o DNI e o pasaporte sen saír do municipio durante o primeiro semestre de 2027. O Concello publicou o calendario de visitas do equipo móbil da Policía Nacional, que realizará un total de doce desprazamentos entre xaneiro e xuño, con dúas xornadas de atención ao mes.

As datas previstas son o 11 e o 25 de xaneiro; o 1 e o 15 de febreiro; o 1 e o 15 de marzo; o 5 e o 19 de abril; o 3 e o 24 de maio; e o 7 e o 21 de xuño. En todos os casos, o horario de atención será de 9.00 a 13.00 horas.

Cada xornada terá un límite de 40 solicitudes, polo que as persoas interesadas deberán inscribirse previamente no Concello de Ordes. Para formalizar a petición será necesario facilitar os datos persoais, o número do DNI e un teléfono de contacto.

O servizo contará co novo equipamento móbil VIDOC (Vehículo Integral de Documentación), unha unidade que permite realizar os trámites de expedición dos documentos nun único desprazamento. O vehículo estacionará, como é habitual, na rúa Juanjo Liñares, xunto á Casa da Cultura.

Este sistema tamén facilita a realización de xestións relacionadas coa actualización de claves nos postos de actualización de documentación (PAD).

O calendario publicado ten carácter inicial e podería experimentar modificacións puntuais, que serían comunicadas con antelación polo Concello.

0.10868406295776