Ordes acolle esta fin de semana a XXXIII Mostra de Cans de Caza

ACoruñaXa
A programación inclúe o VI Memorial Jorge Rivas, unha exposición de exemplares de distintas razas, degustacións e postos de artesanía e alimentación
mostra-cans-de-caza-ordes
25 Jul 2026

O Mesón do Vento, na parroquia de Ardemil, será escenario os días 25 e 26 de xullo da XXXIII Mostra de Cans de Caza, unha cita que volverá reunir afeccionados e profesionais vinculados ao mundo cinexético cun programa de actividades repartido ao longo da fin de semana.

A programación arrancará o sábado 25 coa celebración do VI Memorial Jorge Rivas e do Campionato de Rastro de Xabaril, tanto na categoría local como profesional, na modalidade de traílla. O sorteo para a competición está previsto para as 8:00 horas.

Xa o domingo 26 desenvolverase a exposición de cans de caza, na que se distinguirán os mellores exemplares de cada raza. A entrega de trofeos terá lugar ás 14:00 horas.

A xornada completarase cun xantar, cun menú composto por polbo á feira, churrasco, sobremesa, café e chupito, cun prezo de 40 euros por persoa.

Durante toda a fin de semana, a mostra contará ademais con degustacións de carne de caza, postos de alimentación e artesanía, así como unha zona dedicada á exposición e venda de remolques novos e usados.

0.12076592445374