Oleiros publica o programa de actividades do 8M

ACoruñaXa
O Concello de Oleiros organiza diferentes actividades culturais durante o mes da muller dende teatro, presentacións literarias, concertos, exposicións, ciclos de conversas ou concursos de lemas conmemorativos
Imaxe dunha muller con motivo do 8M
5 Mar 2024

O Concello de Oleiros organiza durante todo o mes de marzo numerosas actividades para conmemorar o 8M baixo o lema “Semente de vencer”.

Neste sentido, actividades culturais, teatro, presentacións literarias, concertos, exposicións, ciclos de conversas ou concursos de lemas conmemorativos terán lugar durante todo o mes de marzo dentro da programación municipal dedicada ao 8M.

  • Xoves 7 de marzo: Presentación do poemario 'Aprendendo a vivir na túa ausencia' de Carmen Torreiro, no Teatro das Torres-Santa Cruz, 19.00 horas.
  • Venres 8 de marzo: Acto conmemorativo de iluminación do castelo de Santa Cruz en cor violeta.
  • Venres 8 de marzo: Inauguración da mostra de pintura 'NosArte, Oleiros con nome de muller' na Fábrica-Perillo, 19.00 horas. A mostra será visitable desde o 8 ata 21 de marzo (L-V: 9.00-15.00 e 17.00-21.30 horas e Sáb.: 10.00-13.30 horas). As pezas foron realizadas polo alumnado dos colexios Juana de Vega e Valle Inclán.
  • Domingo 10 de marzo: Teatro para crianzas 'A pequena gran inventora', na Fábrica, 12.00 horas (familias con crianzas +2 anos). Inscricións desde o 4 de marzo.
  • Martes 12 de marzo: Concerto poético-musical 'Kennebec' de Mónica Nut, teatro das Torres, 19.00 horas.
  • Venres 15 de marzo: 'Café no Museo', ciclo de conversas en torno ás coleccións do Museo Os Oleiros. Este ciclo de coversas consta de 4 xornadas, 15 de marzo, 9 de abril, 21 de maio e 11 de xuño. Información no Museo Os Oleiros.
  • Sábado 16 de marzo: Teatro para crianzas 'Travesía unicornio', na Fábrica, 18.00 horas (familias con crianzas +5 anos). Inscricións desde o 11 de marzo.
  • Venres 22 de marzo: “Feminíssimas” no Auditorio Gabriel García Márquez ás 12.00 horas. Obra de teatro dirixida ao alumnado dos IES públicos municipais.

A partir do mes de marzo, os venres pola tarde e os sábados pola mañá terá lugar a actividade 'Coñecerse é vivirse', un obradoiro de auto coñecemento a través do solo pelviano. A vía de inscrición neste obradoiro será a páxina web e os horarios, datas e outra información de interese ao respecto poderá ser consultada no Departamento de Servizos Sociais e Igualdade.

Por outra banda, durante todo o mes de marzo poderá visitarse a exposición 'As mulleres na colección de olería do Museo Os Oleiros', no Museo Os Oleiros en Santa Cruz, ademais da exposición de fondos bibliográficos e obras realizadas por mulleres en todas as bibliotecas públicas municipais do Concello e Oleiros.

0.093092918395996