Oleiros pecha con éxito a XXXIV Feira do Mel en Perillo

ACoruñaXa
A feira reuniu a centos de visitantes e a maioría dos apicultores esgotaron o seu produto nunha xornada marcada pola música e o ambiente festivo
Feira do Mel en Oleiros
4 Nov 2024

Oleiros celebrou onte a XXXIV Feira do Mel en Perillo, que contou cunha destacada afluencia de público e un excelente volume de vendas. Centos de persoas achegáronse ata o evento para apoiar os 41 apicultores que participaron este ano, e o éxito foi tal que a maioría deles conseguiu esgotar as súas reservas de mel durante a xornada, superando as expectativas.

A feira, organizada polo Concello de Oleiros, contou tamén cunha animada actuación da Big Band da Escola Municipal de Música. O grupo encheu o espazo de boa música cun variado repertorio que se estendeu durante unha hora e contribuiu a crear un ambiente festivo que acompañou as compras.

0.15622591972351