Oleiros organiza rutas gratuítas polo Monumento Natural Dexo-Serantes no mes de novembro

ACoruñaXa
As prazas para as rutas guiadas ofertaranse por orde de inscrición e permitirán coñecer en profundidade a riqueza natural e cultural da zona
costa-dexo-serantes
30 Out 2024

O Concello de Oleiros ofrecerá rutas guiadas gratuítas polo Monumento Natural Dexo-Serantes todos os sábados e domingos de novembro, unha oportunidade única para explorar a riqueza xeolóxica, biolóxica e etnográfica desta contorna natural protexida. As persoas interesadas poderán inscribirse cubrindo un formulario en liña, e as prazas serán asignadas por orde de inscrición.

A actividade inclúe dúas rutas de dificultade baixa: a Ruta Seixo Branco-Furnas, de 3 km e 2 horas de duración, que destaca pola súa importancia xeolóxica e pola diversidade de flora e fauna; e a Ruta Porto de Dexo, de 4 km e aproximadamente 2 horas e media de duración, que se centra na etnografía da zona. Ambas as rutas son circulares e darán comezo ás 10:30 horas. Para máis información, o Concello ofrece o teléfono 981 618 154 e o correo electrónico turismo@oleiros.org.

0.19141983985901