?> Oleiros organiza dous obradoiros sobre crianza e educación en ACoruñaXa

Oleiros organiza dous obradoiros sobre crianza e educación

ACoruñaXa
O Concello de Oleirosaposta por estas actuacións de calidade para as familias, nas que se oferta unha educación consciente que apoia e permite medrar, tanto a adultos como a menores de idade, nunha boa convivencia
Imaxe recurso familia
Imaxe recurso familia
Redacción ACoruñaXa
27 abr 2024

O programa 'Familia Inquedas' volve a Oleiros con dous obradoiros dirixidos a apoiar ás familias na crianza e educación dos seus fillos e fillas dunha forma respectuosa, baseada na comunicación non violenta, o respecto, a igualdade, a confianza, a empatía e a educación emocional, reforzando os vínculos e as relacións.

Neste sentido, o Concello de Oleiros segue a apostar por estas actuacións de calidade para as familias, nas que se oferta unha educación consciente que apoia e permite medrar, tanto a adultos como a menores de idade, nunha boa convivencia na que o diálogo estea sempre presente.

Todas as sesións serán nas instalacións de Villa Echeverry en Santa Cristina (Perillo).

O Obradoiro 'Educa Bonito' está dirixido a familias veciñas de Oleiros con fillas e fillos de 0 a 10 anos de idade. As sesións serán nas seguintes datas: sábado 11 de maio de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 20.00 horas, e o 20, 22, 27 e 29 de maio en horario de 18.00 a 20.00 horas. Este será impartido por María Soto.

O Obradoiro 'Acompañando á adolescencia' está dirixido a familias veciñas de Oleiros con con fillas e fillos de 11 a 17 anos de idade. As sesións serán nas seguintes datas: 7, 9, 14, 21 e e 23 de maio en horario de 18.00 a 21.15 horas. Será impartido por Sara Vierna.

As inscricións para estes dous obradoiros deberanse facer na web municipal no apartado PARTICIPA a través dos formularios que tes mais abaixo. O prazo de inscrición é do martes 30 de abril ás 10.00 horas ata o xoves 2 de maio ás 23.00 horas.