Oleiros convoca unha protesta este domingo ante a Casa do Mar de Mera

ACoruñaXa
Reclaman máis persoal no centro e mellorar os servizos de pediatría e incorporar outras especialidades como saúde mental e radioloxía
Casa do Mar de Mera
26 Jan 2024
O Concello de Oleiros convocou unha manifestación este domingo 28 de xaneiros ás 13.00 horas diante da Casa do Mar de Mera. O chamamento á cidadanía fixose a través dunha carta aberta co obxectivo de esixir á Xunta que converta este edificio nun centro de saúde.
“Dexo, Serantes e Maianca precisan unha atención sanitaria de calidade e proximidade para atender non só aos 5.000 veciños e veciñas actuais, senón á nova veciñanza, xa que son parroquias en clara expansión e cunha poboación que no verán medra considerablemente”, indicou o alcalde, Ángel García Seoane.
O edil resumiu en tres puntos as reclamacións que dende o goberno local lle piden á Xunta: ampliar o consultorio, mellorar pediatría e incorporar outras especialidades como saúde mental, radioloxía, nutrición, fisioterapia ou rehabilitación.

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.10062599182129