Oleiros abre este venres o prazo de pago dos impostos e taxas municipais

ACoruñaXa
Durante a semana que ven comezarán a chegar os recibos aos domicilios e o día 1 de abril serán cargados aqueles que estean domiciliados.
A Casa Charry do Concello de Oleiros
29 Feb 2024

O Concello de Oleiros abre o prazo de pagamento voluntario dos impostos e taxas municipais correspondentes co grupo 1.

Desde xeito dende o día 1 de marzo ata o 30 de abril estenderase o período de pago voluntario dos impostos sobre vehículos de tracción mecánica (IVTM), taxa por entrada de vehículos a través de beirarrúas e reserva de espazos (VAOS), taxa cemiterios municipais (nichos) e a taxa por aproveitamento dominio público con caixeiros de entidades financeiras e máquinas expendedoras instaladas en fachadas e manipulables desde a vía pública.

Durante a semana que ven comezarán a chegar os recibos aos domicilios e o día 1 de abril serán cargados aqueles que estean domiciliados. As persoas que non teñan domiciliados os seus recibos poderán facer o pago das seguintes formas:

  • En Entidades Colaboradoras: ABANCA, CAIXABANK e BBVA. Neste caso deberán dispoñer previamente dos documentos de ingreso necesarios.
  • Na Oficina de Recadación, dentro do seu horario de atención ao público.
  • Por internet, banca electrónica e en caixeiro automático. Os clientes das entidades colaboradores citadas, que o permitan, poderán realizar o ingreso das súas débedas por estes medios.
  • En www.oleiros.org, sede electrónica, dentro do apartado carpeta cidadá. Para usuarios rexistrados ou que teñan DNI electrónico ou certificado dixital da Fábrica Nacional de Moneda e Timbre (FNMT).
  • Para usuarios non rexistrados. En www.oleiros.org, sección Facenda, pagamento de recibos, a través do enlace á pasarela de pagos da nosa entidade xestora. É necesario que teña o recibo que quere pagar posto que terá que teclear a emisora, identificación, referencia e importe que figuran no mesmo.

 

0.19056296348572