O xuíz José Luis Seoane Spiegelberg incorpórase ao Instituto José Cornide de Estudos Coruñeses

ACoruñaXa
Na tarde de onte expuxo o seu discurso de ingreso ‘El contexto social y económico de A Coruña del siglo XVIII’
Imaxe do acto de ingreso do maxistrado Luis Seoane Spiegelberg
Imaxe do acto de ingreso do maxistrado Luis Seoane Spiegelberg
9 Xul 2024

O Instituto José Cornide de Estudos Coruñeses recibiu na tarde de onde o ingreso dun novo membro no Palacio Municipal de María Pita. O maxistrado José Luis Seoane Spiegelberg, levou a cabo a lectura do discurso de ingreso baixo o título ‘El contexto social y económico de A Coruña del siglo XVIII’, achegando unha panorámica da sociedade coruñesa da época.

A alcaldesa, Inés Rey, presidiu o acto e destacou a Spiegelber como unha das persoas con maior prestixio de Galicia no campo do dereito. O maxistrado, membro do Tribunal Supremo dende 2019, é presidente da Real Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación e profesor asociado da Universidade da Coruña en dereito procesal e en dereito penal pola UNED.

Rey destacou que o Instituto Cornide está a vivir un renacemento da man da directora, Ana Romero, con diversos ingresos nos últimos meses: “Nela personalizo o que sei que se trata dun fantástico traballo colectivo que non para de dar froitos e de incorporar talento”. A alcaldesa lembrou que a tradición histórica da Coruña como cidade ilustrada vinculada ao porto, converténdose na capital xudicial de Galicia: “A Coruña foi cidade de leis e de reis e se feito está escrito na nosa historia con maiúsculas”. Lembrou a creación da Real Audiencia de Galicia en 1494, fixándose a súa sede de forma definitiva na cidade en 1578, ou o actual Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

A rexedora situou a Spiegelberg como amplo coñecedor desa traxectoria institucional e aseverou que “non hai tribunal ou institución académica que non contase co maxisterio de Spiegelberg, ao que agora unimos con alegría o Instituto Cornide de Estudos Coruñeses”. Destacou a vinculación á Universidade como profesor, lembrando a unión de ambos no campo do dereito.

0.18238306045532