O vindeiro 10 de febreiro terá lugar o concurso de disfraces en Vilasantar

ACoruñaXa
O Concello de Vilasantar xa está ultimando os preparativos para recibir o Entroido a través do concurso de disfraces, que se celebrará o día 11 de febreiro no Pavillón de Présaras ás 17.
Entroido
Entroido
22 ene 2024

O Concello de Vilasantar xa está ultimando os preparativos para recibir o Entroido a través do concurso de disfraces, que se celebrará o día 11 de febreiro no Pavillón de Présaras ás 17.00 horas e repartirá un total de 875 euros en premios.

Así, todas as persoas interesadas en apuntarse nalgunha das categorías que figuran no cartel (comparsa ou grupo e indivifual ou dúo), poden consultar as bases do concurso e realizar a incripción no departamento de Cultura do Concello.

Para formalizar a inscrición no concurso, é preciso presentar dito formulario, correspondentemente cuberto no Concello ou no mesmo lugar o día do concurso ata 15 minutos antes do comezo.

Premios

Segundo a categoría na que se participe, haberán diferentes premios. Así, con respecto ás comparsas  haberá un primeiro premio de 300 euros, un segundo de 200 euros e un terceiro de 100 euros.

Con respecto aos premios individuais ou en dúos estes serán de 150 euros para o primeiro, de 75 euros para o segundo e de 50 euros para o terceiro.