O Torreón Bescansa (Perillo) presta servizos de igualdade e prevención de violencia de xénero

ACoruñaXa
O servizo estará dispoñible todos os xoves pola tarde de 16.30 a 19.30 horas
Oleiros
2 Feb 2024

O Concello de Oleiros oferta unha asesoría presencial en igualdade e prevención da violencia de xénero todos os xoves á tarde no Torreón Bescansa. Deste xeito 16.30 a 19.30 horas está aberto ao público este Servizo de asistencia en igualdade, que ofrece asesoramento presencial en materia de xénero, igualdade e violencias machistas, enmarcado no dispositivo de Servizos Sociais.

Unha iniciativa que o Concello de Oleiros desprega como resposta a un dos problemas máis importantes da sociedade. O SATICO é un servizo aberto e participativo, de asesoramento e sensibilización dirixido a toda a cidadanía, a través que se lle dá resposta a calquera dúbida, necesidade ou problemática en materia de xénero, igualdade e violencias machistas.

Deste xeito, trabállase tanto coa poboación a título individual como cos e coas profesionais dos diferentes departamentos municipais, colectivos, asociacións e entidades do tecido asociativo, empresas, centros de ensino, clubs deportivos e demais axentes sociais, culturais, educativos, políticos e empresariais presentes no municipio.

Desde o SATICO, lévanse a cabo actividades e campañas de sensibilización, como a colocación de Puntos Violeta nas festas parroquiais, a guía para un uso inclusivo e non sexista da linguaxe, a polo reparto igualitario e co-responsable das tarefas domésticas e de coidados, a prevención das violencias machistas e a concienciación sobre xogos e xoguetes igualitarios e inclusivos.

Tamén se organizan os Cafés en Lila; o obradoiro de expresión corporal e empoderamento 'Desinhíbete'; o obradoiro sobre menopausa e perimenopausa 'Coñecerse é vivirse'; a instalación de Puntos Violeta nos IES municipais e a impartición de obradoiros para o tratamento das violencias sexuais no marco do 25N; entre moitas outras.

0.15473604202271