O PSOE de Oleiros leva ao Pleno de novembro mocións sobre a democracia e melloras nas redes de auga

ACoruñaXa
Dende o partido sinalan que as mocións exixen respecto ás institucións e urxen a mellora das redes de abastecemento e saneamento ante as elevadas fugas de auga
Carmen Acuña PSOE Oleiro
28 Nov 2024

O Grupo Socialista de Oleiros presentou dúas mocións no Pleno de novembro, destacando a súa preocupación por asuntos de relevancia para a veciñanza. A primeira moción esixe un maior respecto polas institucións e máis democracia no Concello, mentres que a segunda reclama investir con urxencia na mellora das redes de auga, que presenten un nivel de fugas e obsolescencia intolerable nunha sociedade avanzada como a de Oleiros.

O Alcalde, no pasado Pleno de outubro, impediu a lectura e a votación urxente de dúas mocións presentadas polo Grupo Socialista, unha sobre os "valores democráticos e a transparencia no Concello de Oleiros" e outra sobre a "necesidade urxente de mellorar as redes de abastecemento e saneamento". Este feito motivou que o grupo socialista presentase unha protesta formal e solicitase aclaracións xurídicas sobre a decisión do Alcalde, sen obter resposta ata o momento.

O Grupo Socialista critica a xestión do actual goberno de Alternativa dos Veciños, en especial polo mal estado das redes de auga. Recentemente, o PSOE fixo público que Oleiros perde un tercio do caudal de auga que compra a EMALCSA, o que equivale a unhas perdas de preto de 400.000 euros anuais. Este dato, cualificado como "demoledor", evidencia a falta de medidas para evitar este despilfarro e, segundo o PSOE, é a principal causa do aumento do prezo da auga aprobado recentemente.

En canto aos rogos presentados no Pleno, o Grupo Socialista tamén fixo cinco preguntas enfocadas na mellora da calidade de vida dos veciños de Oleiros. Entre elas, destacan cuestións sobre a falta de recursos para a loita contra a violencia machista, a mellora do estado de Santa Cristina, a necesidade de mellorar os baños públicos nas rúas, a ausencia de saneamento en Lorbé e a omisión de Oleiros nas solicitudes feitas pola Xunta para outros concellos.

O PSOE de Oleiros reitera o seu compromiso coa loita pola transparencia, a mellora dos servizos públicos e a defensa dos dereitos da veciñanza.

0.16165494918823