O PSdeG de Arteixo denuncia a "nefasta" planificación dos campamentos 'Concilia 2024'

ACoruñaXa
A listaxe definitiva dos campamentos municipais deixa fóra a máís de 300 solicitantes e ten case tantas exclusións como concesións de prazas
Imaxe de Arteixo
25 Xuño 2024

O grupo municipal socialista de Arteixo preguntará no pleno de xuño pola nefasta planificación do goberno municipal para os campamentos ”Concilia 2024” que ten case tantas exclusións como concesións de prazas.

O portavoz socialista, Martín Seco, denuncia que nas últimas datas “observamos como unha vez máis a falla de planificación do goberno do PP deixa a máis de 300 rapaces e rapazas sen poder acceder a un campamento “Concilia” do noso concello, cunha listaxe definitva que ten case tantas exclusións como concesións de prazas”

Dende o grupo socialista opinan que o grupo de goberno debera “corrixir esta situación” e “adecuar a planificación dos programas ás demandas reais do concello”. “O programa Concilia debe facilitar ao maior número de familias unha praza para fomentar a conciliación que é o obxectivo do programa” sinala Seco, e “o goberno local ten a responsabilidade de evitar situacións como esta e a sucedida coa xente excluída das axudas a comedores escolares”.

O socialista lembra así que este non é o primeiro erro de planificación do goberno local, porque “hai poucas datas puidemos observar como o grupo de goberno do PP deixaba sen axudas para sufragar os comedores escolares a familias que tiñan dereito a elas por unha “insuficiencia no crédito” destinado a tal fin”. Algo insólito para os socialistas arteixáns “nun concello con unha gran capacidade económica que ademais aprobou suplementos de crédito posteriores para iso”.

Os socialistas demandan coñecer o número real da lista de agarda dos campamentos, cal é o motivo do erro na planificación da oferta de prazas, e si o grupo de goberno popular está a buscar algunha solución ante o elevado número de excluídos.

Campamentos Concilia Arteixo 2024
0.19387102127075