O PP esixe a dimisión do alcalde de Culleredo se non presenta os presupostos inmediatamente

ACoruñaXa
Os populares consideran que o alcalde renunciou de facto a presentar novos orzamentos, porque “non hai a máis mínima vontade de negociar nada”
A portavoz do PP de Culleredo, Izaskun García
A portavoz do PP de Culleredo, Izaskun García
5 abr 2024

O partido popular de Culleredo sinalada que o pleno ordinario de marzo, que finalmente se celebrou o 4 de abril, constatou a realidade que vive o municipio debido á falta de proxecto político, de ideas e de vontade de traballo por parte do Goberno Municipal.

Neste sentido, a líder do Partido Popular, Izaskun García denuncia que pediulle ao alcalde en repetidas ocasións que deixase de poñer “parches a uns orzamentos prorrogados” como pretendía facer no Pleno. “A falta de investimentos, de obra nova, de mantemento, de subvencións para clubs e asociacións, a falta de pagamento de facturas a empresas… todo iso está paralizado por non ter orzamentos actualizados. E non porque o PP vote en contra diso, a mentira máis recorrente do alcalde”, puntualiza García.

Os populares apuntan que, na celebración do Pleno, tamén quedou de manifesto a falta de proxecto político e de ideas do equipo de José Ramón Rioboo. “Está a impulsarse a acción de goberno desde a oposición. O alcalde limítase a poñer escusas ou directamente mentir asegurando que xa “están a traballar en iso” ou que “están a ultimar informes”, cando a realidade é que van pasando os meses e non presentan nada, non se avanza en nada”, recalca García.

Con respecto a isto último, os populares destacan “a caradura do alcalde” ao afirmar que as prazas de aparcamento prometidas en febreiro, en efecto son “ocorrencias súas”, que non existe expediente nin proxecto algún que asegure que se farán realidade. “É tal o nivel de pasotismo e de neglixencia deste alcalde que ata ri na cara dos veciños con manifestacións deste tipo”, aseguran os populares.

Dende o Grupo Popular insisten en esixir ao alcalde José Ramón Rioboo que “deixe de publicar proxectos ficticios en prensa, de calumniar a concelleiros do PP en redes, e que se poña a traballar. Ou mellor, que lle faga un favor a Culleredo e aos seus veciños e que dimita!”.