O PP de Oleiros critica a proliferación de especies invasoras no Paseo do Rego de San Pedro tras a súa inauguración

ACoruñaXa
A voceira popular, Loli Silva, denuncia a presenza de acacias, canas e eucaliptos no novo espazo, a pesar de que estaba prevista a súa eliminación
Imaxe de especies invasoras
30 sep 2024

O Partido Popular de Oleiros manifestou a súa preocupación pola presenza de ata catro especies invasoras no recentemente inaugurado Paseo do Rego de San Pedro. Segundo a portavoz popular, Loli Silva, especies como a falsa acacia, a acacia negra, as canas e os eucaliptos ocupan amplas zonas dos marxes do paseo, especialmente na área do aparcadoiro, a pesar de que o proxecto incluía a súa eliminación.

"Trátase dun proxecto supervisado polos técnicos municipais, pero non se respectou nin a normativa local nin outras regulacións vixentes", lamentou Silva, quen aproveitou para criticar a actitude do Goberno local: "Este é outro exemplo de 'fai o que digo, non o que fago', que nos recorda os plumachos na finca do alcalde, agora replicado coas especies invasoras nas fincas municipais".

O Partido Popular anunciou que presentará unha pregunta formal ao alcalde para coñecer por que estas especies non foron eliminadas e cal é o motivo polo que seguen presentes nesta zona. Silva insistiu na urxencia de actuar, sinalando que estas especies poden causar danos ecolóxicos e dificultar a recuperación do ecosistema natural da zona.

0.17727994918823