O PP de Culleredo esixe ao Concello unha partida orzamentaria para realizar melloras en Fonteculler

ACoruñaXa
Cunha poboación de máis de 3000 veciños, o barrio conta con tres parques infantís que suman catro randeeiras e dous pequenos tobogáns
Casa_do_Concello_Culleredo
Imaxe do Concello de Culleredo
21 Xuño 2024

Dende o Partido Ppular de Culleredo sinalan que se hai algunha zona de Culleredo que notase especialmente a desatención por parte do Goberno Municipal durante os últimos anos, esa é Fonteculler. E  xa s tristemente coñecida cuberta errada de As Brañas, súmanse outras moitas carencias que os residentes desta zona veñen reclamando desde hai anos.

Cunha poboación de máis de 3000 veciños, o barrio conta con tres parques infantís que suman catro randeeiras e dous pequenos tobogáns. Esa é precisamente una das queixas máis repetidas entre os veciños: o mal aproveitamento dos espazos. “É ridículo ter dous parques infantís tan pequenos e tan escasamente dotados, tendo unhas prazas tan amplas”, manifesta a portavoz popular e veciña de Fonteculler, Izaskun García.

O situado na praza de Santa Xema ten o caucho en moi mal estado, levantado por todo
o perímetro, “o que provoca que pequenos e maiores tropecen a miúdo”, advirte García. O caso da praza Rodríguez Castelao non é mellor. “Os defectos no chan da praza son evidentes, con plantas brotando entre o pavimento e producindo fochas que resultan perigosos para os veciños”.

Especialmente preocupante son os excrementos de aves que se acumulan en beirarrúas, soportais e escaleiras. “Este é un problema xa de saúde pública. Nalgúns recunchos a acumulación é realmente alarmante. Esixímoslle ao alcalde que tome medidas antes de que, coa calor, o problema sexa aínda máis grave”, recalca García.

Outro dos aspectos que sinala García, dan mostra do deixamento do alcalde respecto do barrio de Fonteculler, é o caso da rúa Rafael Alberti. “Hai un proxecto para mellorar esta rúa e o lateral da praza Rodríguez Castelao desde 2021, proxecto que, por certo, supón a eliminación de prazas de aparcamento, unha constante neste Goberno. Preguntámonos que pasa con ese proxecto, en que caixón perdido do Concello atópase”, pregúntase a líder popular.

Por todo iso, desde o Grupo Popular esixen ao alcalde Rioboo que tome medidas efectivas para revitalizar e mellorar Fonteculler. “Que se dea un paseo polas súas rúas, polas súas prazas, polo día a día dos veciños. Que non só asista ás festas, que a realidade da vida veciñal vese nos días laborables. Que se deixe ver polo concello, que ás veces dubidamos se Culleredo ten ou non alcalde”,

0.17819094657898