O PP de Betanzos pide ao Concello que estableza convenios coas empresas para soterrar o cableado das fachadas

ACoruñaXa
Cecilia Vázquez “existe a norma que o permite, só falta que o goberno local obríguelles a facelo realidade”
Imaxe da Praza do Concello en Betanzos
28 Maio 2024

O PP de Betanzos defenderá no pleno ordinario desta tarde unha moción destinada a mellorar o impacto ambiental das conducións de cables de redes de comunicación electrónicas. Os populares instan ao concello a establecer convenios coas empresas subministradoras destes servizos ao amparo da Lei 11/22 do 28 de xuño, Xeneral de Telecomunicacións.

A citada norma establece no seu artigo 49.8 que “Os operadores deberán facer uso das canalizacións subterráneas ou no interior das edificacións que permitan a instalación e explotación das redes públicas de comunicacións electrónicas”. Así, os operadores poderán efectuar o despregamento destas redes, aínda que para iso deberán utilizar, na medida do posible, as medidas oportunas para minimizar o impacto visual.

Neste sentido, Cecilia Vázquez indica que basta con dar un paseo por moitas das rúas de Betanzos para comprobar que “ non só as liñas de telefonía e fibra óptica non están debidamente soterradas, senón que unha boa parte do as liñas de baixa tensión colgan das fachadas dos edificios e cruzan as rúas dunha lado a outro”. As marañas de cables cunha suxeición precaria son tamén un efecto negativo que se repite, “constituíndo situacións de risco potencial de accidente e unha gran deterioración ambiental, especialmente grave no centro histórico”.

Tendo en conta estes motivos, a iniciativa popular pretende que o goberno local dea os pasos necesarios para instar as empresas implicadas, compañías de subministración eléctrica, telefonía móbil e outras a iniciar o soterramento do cableado existente. Cecilia Vázquez destacou que existe o marco legal que permite esta mellora na seguridade e na calidade ambiental “ Agora só falta que o goberno local teña a vontade de traballar para mellorar Betanzos”

0.18151879310608