O PP de Betanzos pedirá información no pleno sobre dúas obras municipais

ACoruñaXa
A portavoz, Cecilia Vázquez, quere que o goberno local explique a situación real dos proxectos do ascensor do aparcamento subterráneo do Campo e o saneamento abastecemento da Fonte de Unta
Imaxe dos soportais de Fonte de Unta
Imaxe dos soportais de Fonte de Unta
21 mar 2024

O grupo municipal popular de Betanzos informou de que levará ao pleno deste mes de marzo unha moción na que insta o goberno local a explicar, cal é a situación na que se atopan os proxectos do elevador do aparcamento público da praza Irmáns García Naveira, así como o abastecemento e saneamento dos soportais de Fonte de Unta.

A súa portavoz Cecilia Vázquez indicou que “esixirá ao equipo de goberno un cronograma no que se reflictan as datas de inicio das citadas actuacións ” que foron anunciadas fai 5 anos.

Para Vázquez, son obras urxentes e necesarias, sobre as que o goberno municipal leva cinco anos anunciando a súa “inminente execución” sen que esas reiteradas declaracións tivesen efecto práctico algún. Así, desde o Partido Popular vén trasladando periodicamente ao Concello o malestar dos veciños, ante o reiterado incumprimento das actuacións prometidas polo goberno local.