O PP de Betanzos non apoiará os Presupostos municipais do 2024

ACoruñaXa
A portavoz popular, Cecilia Vázquez explica que o goberno local aínda non lles fixo chegar a Liquidación do 2023 e que, por tanto, non se coñece a débeda real do Concello
Imaxe da casa do Concello en Betanzos
Imaxe da casa do Concello en Betanzos
2 abr 2024

A portavoz do PP de Betanzos, Cecilia Vázquez, adiantou este luns que o seu partido votará non á proposta de Orzamentos municipais do 2024 que mañá leva a pleno o Goberno local. A portavoz popular tamén fixo mención do novo crédito que pretende subscribir o Concello por un importe de 1.5 millóns de euros, destinados a financiar unha parte das facturas pendentes de pago, nalgúns casos desde o ano 2022.

“Se apoiásemos cos nosos 8 votos o orzamento do PSOE e o BNG, estariamos a ser cómplices dunha xestión caótica e dun comporta-minto absolutamente irresponsable cos provedores de bens e servizos do municipio” afirmou Vázquez.

Como é xa habitual, a falta de información e transparencia do Goberno local, son outras das razóns que, a xuízo da portavoz popular, impiden a participación dos populares no proceso orzamentario. Neste sentido, é importante destacar que os responsables municipais non mencionaron a intención de acudir ao citado crédito de 1,5 millóns de euros. “Fomos nós os que nos demos conta ao estudar a documentación que vai a pleno” explicou Cecilia Vázquez.

Neste pleno tamén sairá á luz unha parte da débeda en facturas pendentes de exercicios anteriores, xa que o equipo de Goberno vese forzado a recorrer a un recoñecemento extraxudicial de crédito por 900.436,93 euros e que evidencia a falta de pago a provedores. Con esta cantidade, segundo os cálculos dos populares, só poderase facer fronte a unha par-che de o debido a provedores, que se estima en máis de 2,5 millóns de euros.

O que si se sabe é que o Concello de Betanzos, de aprobarse os orzamentos, terá que facer fronte a varios créditos por un montante de 3.328.529 euros aos que hai que engadir os intereses. Un dos créditos mantense actualmente co Estado e a Deputación da Coruña de 2.744.124,77 euros. O novo crédito que se pretende aprobar mañá de 1,5 millóns de euros terá que pedirse a unha entidade financeira, previa licitación pública.

Cecilia Vázquez lembrou que ese mesmo concelleiro dixo, o ano pasado, fronte a chamada de atención feita polo PP fronte a gran cantidade de facturas pendentes de pago, “unha vez máis, o PP de Betanzos queira sacar rédito político e electoral e vender unha situación económica que non se corresponde a con a realidade” pois a institución municipal “goza, afortunadamente, dunha economía solvente, con máis de 1,5 millóns de euros en remanente, para facer fronte a esta débeda de 836.000 euros, pendente de pago por cuestións administrativas e de datas, non por falta de liquidez”, explicou o edil de Facenda, Diego Fernández, que dixo que os provedores de Betanzos que teñen algunha factura pendente de 2022 “cóntanse cos dedos dunha man”. “Cando agora vese a realidade económica á que nos levou o PSOE”. “Agora sae á luz, o que antes se negou” concluíu Vázquez.

É dicir, o Concello endebeda no presente aos betanceiros a conta dos futuros bens e servizos aos que teñen dereito. “Non recorren a financiamento para realizar obras ou prol-yectos de investimento, recorren a pedir diñeiro, para pagar o que deben desde hai moito tempo, unha clara e manifesta mostra da nefasta xestión económica do equipo de goberno” destacou Cecilia Vázquez.