O PP de Betanzos esixe ao Goberno local unha mellora no mantemento dos parques infantís

ACoruñaXa
O partido pide o peche cautelar do parque infantil da Ribeira por risco de accidente debido ao seu estado
Imaxe do estado do parque infantil A Ribeira en Betanzos
1 Abr 2024

O PP de Betanzos chama a atención ao Goberno local polo mal estado dos parques infantís do municipio. A preocupación dos populares céntrase na deterioración que sofre o parque infantil da Ribeira, coa parte superior das randeeiras totalmente rota.

Dende o PP sinalan que os propios veciños da zona aseguran que levan meses comunicando ao Concello a total falta de manteni-minto dos xogos instalados neste recinto de lecer infantil. A portavoz popular, Cecilia Vázquez, comentou que “o abandono dos parques infantís en Betanzos por parte do Concello é xa coñecido por todos”.

Neste sentido lembrou que hai pouco máis dun ano “un neno resultou herido polo desprendemento dun elemento dunha randeeira do parque infantil do Carregal, algo que desgraciadamente pode volver repetirse debido á falta de coidado prestada polo Concello a estas instalacións”.

A portavoz popular facía referencia ao incidente de febreiro do ano pasado, ocasionado pola falta de mantemento, o cal motivou a petición feita polo PP ao concello do peche cautelar da instalación. Unha medida que a xuízo dos populares procede tomar co parque da Ribeira mentres non se proceda á súa reparación integral e garántase a seguridade dos seus usuarios.

0.19061279296875