O PP de Betanzos denuncia o perigo que supón a rede de saneamento en Touriñao de Arriba

ACoruñaXa
Un rexistro de saneamento desfaise orixinando un buraco perigoso para peóns e vehículos, entre outras graves deficiencias desta vía municipal
Imaxe do estado da rede se saneamento de Touriñao de Arriba en Betanzos
Imaxe do estado da rede se saneamento de Touriñao de Arriba en Betanzos
7 may 2024

O Partido Popular de Betanzos solicita que se acometan traballos de seguridade e mantemento nun rexistro da rede de saneamento en Touriñao de Arriba. Segundo puido comprobar este luns a súa voceira Cecilia Vázquez, o rexistro literalmente desfaise, converténdose nun elemento de risco para peóns e vehículos. Unha situación que se incrementa xa que a uns 15 metros está situada a marquesiña do transporte público, sendo un tramo moi transitado por escolares e outros usuarios.

Neste sentido, Cecilia Vázquez, percorreu a zona en compañía de varios veciños, os cales solicitaran a súa presenza, para denunciar unha vez máis a falta de seguridade desta vía de competencia municipal. No novo percorrido por este tramo de estrada pódense comprobar as súas enormes carencias de seguridade. Agravadas polo abandono no cal o concello ten sumido a este núcleo de poboación.
Así, Cecilia Vázquez indicou “levamos anos visitando este núcleo de poboación, presentando iniciativas razoables e razoadas no concello a pedimento dos veciños, sen que ata o momento atendéronse polo goberno municipal”.

O Partido Popular de Betanzos vai seguir traballando e reivindicando o dereito a servizos e melloras para os veciños, en Touriñao de Arriba e en todos e cada un das rúas, prazas, lugares e recunchos do municipio “está é a nosa obrigación e a nosa vocación” asegurou a portavoz popular aos residentes que a acompañaron e informaron sobre a situación que padecen.